Preguntas

No camiño de acadar unha rede popular de ensino en galego a Comisión promotora Galiza co Galego centrará os seus esforzos nos seguintes puntos:

1- O conseguir unha rede de “novas galescolas” (escolas infantís) onde a infancia teña un espazo en galego e se garanten o seu dereito a educación na lingua galega.

2- Para garantir a viabilidade social, e organizativa da rede e das “novas galescolas” promoverá a constitución da asociación popular (de ensino) “Galiza co Galego”, pluralista e democrática.

3- A asociación popular (de ensino) “Galiza co Galego” terá o apoio de 3000 asociados que darán un empréstito, unha achega popular, (por unha soia vez) de entre 100 e 200 euros como máximo, para así garantir a viabilidade económica do proxectos das “novas galescolas”.

Tod@s podemos, en favor do ensino en galego,  ¡¡¡ apúntate!!

Pregunta: Por causa de que Galiza co Galego quere ensino privado?
Resposta: Porque a iniciativa popular, con independencia dos poderes públicos, é a única garantía de facer ensino en galego, laico e pluralista.
Pregunta: Que é ensino laico?
Resposta: É aquel que está fora de toda influencia relixiosa.
Pregunta: Galiza co Galego está en contra do ensino público?
Resposta: Entendemos que a proposta de ensino laico , en galego, en valores, ... para o ensino infantil (novas galescolas) de Galiza co Galego reforza a opción do ensino público en galego e laico. Polo tanto non estamos en contra do ensino público, somos un reforzo, estamos dende a iniciativa popular social (privada) en favor do público.
Pregunta: Vai a obter beneficios Galiza co Galego de dar ensino?
Resposta: Galiza co Galego é unha entidade sen ánimo de lucro, a servizo das familias, os beneficios son das familias e dos asociados.
Pregunta: Van facer escolas Galiza co Galego?
Resposta: Non. Excepcionalmente onde non haxa posibilidade pola iniciativa privada existente, crearase unha escola infantil, en réxime de cooperativa de ensino, que unha vez en funcionamento pasará a ser propiedade dos seus usuarios, nais, pais, educadores...
Pregunta : As escolas que formen parte da rede Galiza co Galego van ter ánimo de lucro?
Resposta: As escolas privadas que se adhiran a rede de Galiza co Galego teñen que cumprir uns requisitos de transparencia e xestión, participación das nais e pais e a comunidade educativa, entendendo a educación como un servizo a sociedade e non un negocio.
Pregunta: Os centros promovidos por Galiza co Galego, serán antirrelixiosos?
Resposta: Non.
Pregunta: Un alumno con crenzas relixiosas pode ter ensino con Galiza co Galego?
Resposta: Promovemos un ensino laico, é dicir fora de toda influencia relixiosa. As crenzas relixiosas para nós forman parte da intimidade das persoas, a cal manifestamos o noso respecto.
Pregunta: Un relixioso, pode participar en Galiza co Galego?
Resposta: Si, sempre que non faga proselitismo da súa relixiosidade e respecte o laicismo de Galiza co Galego.
Pregunta: Un profesor/a con crenzas relixiosas pode dar ensino?
Resposta: Si, sempre que non faga proselitismo da súa relixiosidade e respecte o laicismo de Galiza co Galego.
Pregunta: É legal que se dea todo o ensino en galego?
Resposta: A educación infantil non é obrigatoria, a pese a todo os centros de educación están regulados, nós daríamos ensino en galego, con predominancia do uso da lingua galega, sen exclusión do castelán, co obxectivo de que as nenas e nenos adquirisen a competencia lingüística nas dúas linguas (comprensión é inicio a lectura).
En todo caso a lingua vehicular e de comunicación será o galego.
Fariamos todo o posible para cumprir a lexislación, e poder optar as axudas en beneficio das nais e pais, pero co obxectivo irrenunciábel do dereito a educación en galego, e ao seu uso como lingua vehicular
Pregunta: Para que achegar 100 ou 200 euros anuais a Galiza co Galego?
Resposta: Para dotar ao proxecto de fondos económicos para o seu funcionamento
Pregunta: Porqué se establecen 100 ou 200 euros anuais como achega?
Resposta: Está baseado na estimación real dun presuposto anual para unha escola infantil dunhas 100 prazas na orde de 300.000 euros máximo. Así para 3000 socios é suficiente con 100 euros anuais.
Pregunta: Quen paga a escola , poñamos por exemplo a infantil?
Resposta: Quen sostén economicamete a escola son os seus usuarios (nais, pais, titores)
Pregunta: Se a escola a pagan os usuarios (nais e pais, titores), para que se solicitan achegas ou cotas?
Resposta: Ca finalidade de poder garantir o dereito a pode facer ensino en galego, necesitamos u apoio inicial económico para poder establecer a viabilidade da escola
Pregunta: Fago a achega de 100 ou 200 euros, e non fun beneficiado da escola, perdo ou recupero os cartos?
Resposta: A finalizar o curso farase un balance económico, en función do cal poderás solicitar a devolución do túa achega.
Pregunta: En caso de compromiso cando teño que facer efectiva a cota?
Resposta: A cota farase efectiva cando se constituía a Asociación Popular  (de Ensino) “Galiza co Galego”, e comece a actividade de dar ensino.
Pregunta: Eu teño asinado o compromiso pódeseme esixir mais cantidade da cota?
Resposta: Non, a cantidade máxima da couta é de 200 euros anuais, e mínima de 100 euros anuais.
Pregunta: Que sucede se ao final do curso (exercicio) cas achegas?
Resposta: Ao final do curso (exercicio) realizase un balance, e o asociado terá a posibilidade de recuperar a totalidade da súa achega, ou a parte correspondente, ou deixala en fondo para o vindeiro curso.
Pregunta: Non teño fillos, nin vou recibir ou dar ensino, podo participar?
Resposta: Si, a túa achega será moi importante, e dado que é recuperábel (en relación co resultado), e un acto efectivo de solidariedade e axuda moi importante ao ensino laico en galego.
Pregunta: Podo perder a totalidade da miña achega?
Resposta: Non, tendo en conta que o ensino é pagado polos seus usuarios, é case imposíbel perder a totalidade da achega.
Poñamos un exemplo: Sobre o presuposto de 300000 euros de gastos, temos un exceso de 60000 euros, ó 20% do establecido, nunha cota de 100 euros se podería recuperar 80. A perda sería proporcional.
Pregunta: Que pasa se a administración fai subvención das escolas, devólvense as achegas?
Resposta: A finalizar o curso (exercicio) farase un balance económico, en función do cal poderás solicitar a devolución do túa achega.
Pregunta: Non teño 100 euros ou 200 euros (anuais) para contribuír por xunto, podería facelo por meses ou trimestres....?
Resposta: O importante é o compromiso, a achega pódese facer en forma de cota de xeito mensual, bimensual, trimestral ou semestral.
Pregunta: Son estudante, parado, ... non dispoño de cartos, podería tamén formar parte de Galiza co Galego?
Resposta: Si. Galiza co Galego, vai precisar de traballo “voluntario” para desenvolverse e pode ser substitutivo da achega económica.

¡¡ Apúntate!!, en favor do ensino en galego.


Pregunta: Son un usuario da escola de Galiza co Galego (un pai, nai, titor) e non dispoño de cartos para pagar a escola, que sucede?
Resposta: Unha vez de que estás dentro da escola, Galiza co Galego, comprometese a manter o ensino sen ningunha variación, e ver de buscar as formas precisas para axudar a mellorar a túa situación social e familiar
Pregunta: Eu estou anotado en Galiza co Galego, máis non teño un salario estable, non podo garantir que faga a achega precisa no tempo da constitución, se non a fixera que pasaría, ou se tan so puidera facer unha parte?.
Resposta: Quen estamos a impulsar Galiza co Galego entendemos que serías un máis en formar parte de Galiza co Galego, entre todos (ti e nós) atoparemos a maneira de encontrar unha achega “en traballo” “en colaboración” que substituíra a achega económica.
Pregunta: Eu quero contribuír cunha cantidade superior a 200 euros anuais, é posíbel?.
Resposta: Si
Pregunta: O grado de contribución económica mide o nivel de protagonismo ou poder en Galiza co Galego?.
Resposta: Non, cada persoa representa un voto, con independencia da súa achega económica.
Pregunta: Cando realice a achega, terei un documento que o acredite?
Resposta: Galiza co Galego, dará un documento acreditativo conforme a lei.
Pregunta: Como podo podo saber en que se emprega exactamente o diñeiro ?
Resposta: Ao final do curso (exercicio) realizase un balance polo miúdo, que estará a disposición de todas e todos os membros de Galiza co Galego para calquera comprobación.

Tod@s podemos, apoiar a rede popular de ensino en galego,