Estatutos da Cooperativa Popular de Ensino "Avoaescola"


(Borrador, pendente de revisión lingüística )
ESTATUTOS DA AVOAESCOLA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA”

CAPÍTULO I: DENOMINACIÓN, DOMICILIO, ÁMBITO, ACTIVIDADE E DURACIÓN


ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN RÉXIME LEGAL

Coa denominación “Avoaescola SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA”, constitúese unha sociedade cooperativa de consumidores/as e usuarios/as, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións estabelecidas pola Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de Cooperativas de Galicia (DOG 3 de xaneiro do 2012).
ARTIGO 2.- DOMICILIO SOCIAL

1.- O domicilio social da cooperativa estabelécese na rúa Venezuela, número 33-B, código postal 15404 do municipio de Ferrol, da provincia da Coruña.

2.- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do consello reitor. Para o traslado do domicilio social fóra do termino municipal, será necesario o acordo da Asemblea Xeral.

ARTIGO 3.- ÁMBITO TERRITORIAL

O ámbito territorial da actividade cooperativizada desenvolverase con carácter principal en Galiza, con independencia de que poida ser realizada tamén no resto do Estado Español e sen prexuízo de que se poidan levar actuacións puntuais e de colaboración a calquera parte do mundo.

ARTIGO 4.- ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.- A cooperativa terá por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo das persoas socias e dos familiares que con elas convivan, producindo os bens e servizos que proporcionen ou adquiríndoos de terceiros, así como a defensa e promoción dos dereitos dos consumidores e usuarios.

En concreto, as actividades que desenvolverá a cooperativa para o cumprimento do seu obxecto social, son:

2.- Dar escola coas seguintes características:
2.1.- Democrática, participativa e popular, cun ideario laico e pluralista.

2.2.- Que garanta o uso da lingua galega como lingua vehicular do ensino e do normal desenvolvemento no ámbito de actuación.
2.3.- Que fomente a aplicación dos métodos e medios pedagóxicos e científicos necesarios para conseguir un ensino de calidade, na procura da excelencia, pondo especial atención na formación íntegra e solidaria e no respecto dos dereitos humanos e do medio.
2.4.- Que aplique a didáctica comparada das linguas romances: francés, italiano, galego, castelán, catalán, portugués... de xeito que se obteña a competencia lingüística dende o punto de vista da comunicación oral e escrita nunha delas, amais do castelán, do galego e do portugués; e noutras, a competencia na utilización dos recursos para lograr a súa comprensión escrita e afondar no seu estudo.
2.5.- Que promova o estudo doutra lingua diferente das romances, por exemplo: o inglés, o alemán, o ruso, o chinés... que permita conseguir unha competencia lingüística suficiente nunha delas, ademais de procurar nocións de lingua vasca (éuscaro), como outra lingua do Estado Español.
2.6.- Que fomente e participe , no seu caso, dunha Rede de Ensino Popular (REP), para ensinar en galego e ser universal, laica e pluralista; e contribuír á formación, así como ao seu perfeccionamento e actualización pedagóxica.
2.7.- Que procure os recursos necesarios para poder dar escola en galego e poñelos á disposición de quen os necesite, e axudarlles a conseguir ás familias os medios precisos.
2.8.- Que a subministración de bens e servizos da cooperativa aos seus socios terá a consideración de operación societaria interna, resultando a mesma cooperativa así como os seus socios/as, para todos os efectos, como consumidores directos.

ARTIGO 5.- OPERACIÓNS CON TERCEIROS

1.- A Cooperativa poderá realizar actividades cooperativizadas con terceiros non socios/as, dentro do ámbito estatutario da cooperativa, ata o límite máximo do 50 por 100 das súas operacións cos socios/as, se ben deberá reflectir esta circunstancia na súa contabilidade de forma separada e independente e de maneira clara e inequívoca, sen prexuízo da contabilidade xeral da cooperativa.

2.- Dos beneficios obtidos por estas operacións imputaranse un 50 por 100 como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio, e o resto destinarase conforme o acorde a Asemblea Xeral en cada exercicio económico.

ARTIGO 6.- DURACIÓN

A cooperativa constitúese por tempo ilimitado.

CAPÍTULO II: DOS SOCIOS/AS


ARTIGO 7.- PERSOAS QUE PODEN SER SOCIAS


1.-Poderán ser socias as persoas físicas e xurídicas e as entidades ou organizacións de consumidores que teñan o carácter de destinatarios finais.

2.-Poderán ser socias de traballo as persoas naturais con capacidade legal e física para desenvolver a actividade cooperativizada de prestación do seu traballo persoal na cooperativa.

3.- Poderán socias as persoas que pertenzan a Asociación Galiza co Galego.


ARTIGO 8.- TIPOS DE PERSOAS SOCIAS

1.- PERSOAS FUNDADORAS
Son aquelas persoas promotoras da Cooperativa que adquiren a condición de persoas socias no momento da súa constitución:

a) A asociación Galiza co Galego.
b) As socias e socios da asociación Galiza co Galego, que manifesten a súa conformidade.
c)Subscribir a achega obrigatoria para ser persoa socia na contía fixada estatutariamente.

c)Subscribir o compromiso de non darse de baixa como persoa socia, sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada, ata transcorridos 6 meses.


2.- PERSOAS SOCIAS :
Son aquelas persoas que, non sendo fundadoras, adquiren a condición de socio con posterioridade á constitución da cooperativa, e será necesario:

a)Subscribir a achega obrigatoria para se asociar na cuantía fixada estatutariamente.
b)Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente, sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada, ata transcorridos 12 meses.
c)Desembolsar a cota de ingreso conforme o estabelecido nestes estatutos.
2.1- TIPOLOXIA DE PERSOAS SOCIAS:

PERSOAS SOCIAS COLABORADORAS.- Poderán persoa socia da cooperativa, en calidade persoa socia colaboradora, aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que, sen poder realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, poidan colaborar na súa consecución.
PERSOAS SOCIAS DE TRABALLO
Son aquelas persoas persoas físicas que se comprometen a prestar seu traballo persoal na cooperativa.
PERSOAS SOCIAS USUARIAS- BENEFICIARIAS
Son aquelas persoas que se benefician directamente, como consumidoras e usuarias, do obxecto social da cooperativa.

ARTIGO 9.- PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN EN CALIDADE DE PERSOA SOCIA

1.- A solicitude de admisión realizarase por escrito dirixido ao consello reitor da cooperativa, que a deberá resolver motivadamente nun prazo non superior a dous meses, a contar dende o día seguinte á recepción daquela. A resolución comunicarase ao solicitante e publicarase no taboleiro de anuncios da cooperativa. Transcorrido o prazo mencionado sen resolución expresa, a solicitude entenderase denegada.

2.- Contra a denegación de admisión o solicitante poderá recorrer ante a Asemblea Xeral, no prazo dun mes, a contar dende a comunicación ou do remate do prazo que o consello reitor dispón para resolver. O dito recurso resolverase na primeira Asemblea Xeral que se celebre, mediante votación secreta, previa audiencia da persoa interesada.

3.- O acordo de admisión tamén poderá ser impugnado polas persoas socias que representen como mínimo o 20% da masa social, no prazo de 10 días a contar dende a comunicación do acordo nos medios de publicidade estabelecidos pola sociedade, ante a Asemblea Xeral, que resolverá na primeira que se celebre, por votación secreta, previa audiencia da persoa interesada.
Ata que transcorra o prazo para recorrer ou resolva a Asemblea Xeral sobre o recurso interposto, a admisión quedará en suspenso.

ARTIGO 10- SOCIOS DE TRABALLO EN SITUACIÓN DE PROBA
1.- A admisión dunha persoa socia de traballo polo órgano de administración estará suxeita a un período de proba.

2.- O período de proba será de seis meses. Transcorrido o dito prazo sen denuncia previa por ningunha das partes, a persoa socia, previo desembolso da achega obrigatoria que lle corresponda e, de ser o caso, da cota de ingreso, adquirirá a condición de persoa socia de traballo indefinida con todos os dereitos e obrigas inherentes a ela.

En todo caso, o período de proba poderá reducirse ou suprimirse por mutuo acordo entre o consello reitor e a nova persoa socia de traballo.

3.- A persoa socia de traballo, durante o período en que se atope en situación de proba, ten os mesmos dereitos e obrigas derivadas da súa condición de socio traballador, coas seguintes excepcións:

a) Poden resolver a relación de forma unilateral. A mesma facultade recoñéceselle ao órgano de administración.
b) Non poden realizar achegas ao capital social nin satisfacer ningún tipo de cotas.
c) Non responden das perdas sociais.
d) Non perciben retorno cooperativo, se ben participarán nos resultados positivos, quedando equiparados aos traballadores asalariados.
e) Non poden ser electores nin elixíbeis para ocupar cargos nos órganos sociais.

4.- Non procederá o período de proba no caso de que a nova persoa socia leve na cooperativa como traballador por conta allea, como mínimo, o tempo que corresponda a dito período. Se procedese o período de proba e se resolvese a relación por decisión unilateral de calquera das partes, entenderase renovada a relación xurídico laboral nas condicións existentes ao inicio daquel.

ARTIGO 11- DEREITOS DAS PERSOAS SOCIAS

As persoa socia ten dereito a:

1)A ser elector e elixíbel para os cargos dos órganos sociais da cooperativa.
2)A formular propostas e participar con voz e seu voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que forme parte.
3)A participar na actividade da cooperativa para o cumprimento do seu fin social, sen ningunha discriminación.
4)A recibir a información, necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas, coa obrigatoriedade de subscribir un compromiso de confidencialidade para quen acceda aos libros sociais segundo indica o Art. 23 da Lei de cooperativas de Galicia na súa modificación feita pola Lei 14/2011 de 16 de decembro
.
5)No caso de persoa socia de traballo a prestar o seu traballo persoal na cooperativa, así como a percibir periodicamente nun prazo non superior a un mes, o anticipo societario en cuantía similar ás retribucións da zona e do sector de actividade, segundo a súa categoría profesional. En ningún caso este anticipo poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional en cómputo anual, tendo en conta a xornada laboral realizada dentro da legalidade vixente.
6)Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como a percibir, cando proceda, os intereses polas mesmas.
7)Ao dereito de información nos termos estabelecidos na Lei de cooperativas de Galicia 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro.
8)A todos os demais dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
9) Os dereitos exerceranse de conformidade coas normas legais e estatutarias e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

10) Dereito a voto conforme as distintas persoas socias.
O conxunto total de votos das persoas socias colaboradoras, socias de traballo a proba non superará en mais dun terzo os votos das persoas socias usuarias-beneficiarias e de traballo da cooperativa estabelecese o seguinte, en relación das votacións que acontezan no marco das asembleas xerais.


ARTIGO 12.- OBRIGAS DAS PERSOAS SOCIAS
As persoas socias están obrigadas a:

a) Asistir ás reunións da Asemblea Xeral e dos demais órganos para os que fose convocado.

b) Cumprir os deberes legais e estatutarios así como os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

c) Participar na actividade cooperativizada que desenvolve o obxecto social da cooperativa, na seguinte contía mínima obrigatoria:

c.1.-No caso de persoas socias usuarias veranse obrigados a consumir ou usar na cooperativa bens ou servizos por un importe mínimo de 10 euros anuais.

c.2.-No caso das persoas socias de traballo deberán participar na actividade cooperativizada que desenvolve a cooperativa, mediante o seu traballo persoal durante as horas e días do calendario laboral que fixe a Asemblea Xeral.

d) Non realizar actividades competitivas coas desenvoltas pola cooperativa, salvo autorización expresa do consello reitor.

e) Gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa dos que a divulgación poida prexudicar os intereses desta. Estabelecese a obrigatoriedade de subscribir un compromiso de confidencialidade para quen acceda aos libros sociais.


f) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións previstas.

g) Participar nas actividades de formación.

h) Aceptar os cargos para os que fosen elixidos, salvo xusta causa.


ARTIGO 13.- BAIXA DA PERSOAS SOCIA

1.- As persoas socias poderán darse de baixa voluntariamente na cooperativa en calquera momento, mediante previo aviso por escrito dirixido ao consello reitor que deberá realizarse cunha antelación de un mes.

O incumprimento do prazo de previo aviso estabelecerá dita baixa como inxustificada e dará lugar á correspondente indemnización de danos e prexuízos, salvo que o consello reitor a vista das circunstancias que a motivan a considere como xustificada. Entenderase producida a baixa, a efectos do cómputo do prazo para o reembolso a persoa socia das súas achegas ao capital social, ao remate do prazo de previo aviso.

2.- Se a baixa entrañase o incumprimento do prazo de permanencia estabelecido nestes estatutos, sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada, a cooperativa poderá esixir ao socio participar nos termos nos que vén obrigado estatutariamente, ata o final do período comprometido nas actividades ou servizos cooperativizados ou, no seu defecto, a esixirlle a correspondente indemnización de danos e prexuízos.

3.- Tanto no suposto de incumprimento do prazo de preaviso como do período de permanencia comprometido, aplicarase unha penalización do 10% de incremento do importe resultante de aplicar as deducións sobre todas as cantidades reembolsables, incluído o retorno cooperativo e os fondos de reserva repartibles que, no seu caso, lle puideran corresponder, contempladas para o suposto de baixa non xustificada no artigo destes estatutos. Todo isto sen prexuízo do dereito da cooperativa a ser resarcida dos danos e perdas causados


4.- Cesará obrigatoriamente as persoas socias que perda os requisitos esixidos para adquirir tal condición.

No suposto de perda definitiva dos requisitos para ser persoa socia na cooperativa, a baixa operará automaticamente sen necesidade de resolución expresa ao respecto por parte do órgano de goberno, con independencia da obriga deste órgano de resolver no prazo de tres meses desde que tivese coñecemento sobre os efectos da baixa e dos recursos que corresponden á persoa socia con respecto ao acordo que se adopte a tal efecto. Se a persoa socia incursa neste suposto de cese automático ostentara algún cargo en calquera dos órganos sociais da cooperativa, cesará automaticamente a todos os efectos neste, sen necesidade de pronunciamento algún por parte da cooperativa. O cargo vacante haberá de cubrirse segundo o establecido nestes Estatutos e no artigo 45 da Lei de Cooperativas de Galicia 5/1998 modificada pola Lei 14/2011 de 16 de Decembro

A baixa obrigatoria será acordada polo consello reitor de oficio ou a petición de calquera socio ou do interesado, previa audiencia do mesmo.

5.- Terán a consideración de xustificadas as baixas que teñan a súa orixe nas
seguintes causas:
a) A adopción de acordos pola asemblea xeral que impliquen obrigas ou cargas gravemente onerosas, non previstas estatutariamente, se a persoa socia salvase expresamente o seu voto ou, estando ausente, manifeste a súa desconformidade por escrito dirixido ao órgano de administración da cooperativa, no prazo de dous meses desde a adopción do acordo. En ambos os dous casos deberá formalizar a súa solicitude de baixa dentro do mes seguinte á data de realización da asemblea ou da presentación do devandito escrito.
b) En todos os demais supostos previstos nesta lei ou nos estatutos.

6.- Os acordos do consello reitor sobre a cualificación e efectos da baixa poderán ser impugnados ante a xurisdición ordinaria, podendo ser recorridos previamente ante a Asemblea Xeral no prazo máximo de dous meses dende a notificación do acordo.

ARTIGO 14.- NORMAS DE DISCIPLINA SOCIAL

1.- As persoas socias unicamente poderán ser sancionados polas faltas previamente tipificadas. As faltas cometidas clasifícanse en moi graves, graves e leves, atendendo a súa importancia, transcendencia ou malicia. As moi graves e graves son as tipificadas nos presentes estatutos. As faltas leves, ademais das recollidas nos estatutos, poderán ser tipificadas tamén polo Regulamentode Réxime Interno ou por acordo da Asemblea Xeral.

Soamente poderán impoñerse as persoas socias as sancións que, para cada tipo de faltas, están estabelecidas nestes Estatutos.

2.- A tipificación das faltas agrúpase en dous bloques: faltas de carácter societario e faltas de carácter laboral.

3.- As faltas de carácter societario, clasifícanse en moi graves, graves e leves.


3.1.- Son faltas moi graves de carácter societario:

a)As operacións de competencia, a fraude nas achegas ao capital social, así como a manifesta desconsideración as persoas que formen parte dos órganos sociais ou coas persoas socias, que prexudique os intereses materiais e sociais ou o prestixio da cooperativa.

b)A falsificación de documentos, firmas, cuños, selos, marcas, claves ou análogos.

c)A non participación na actividade cooperativizada na contía mínima estabelecida nos presentes estatutos.

d)A violación de segredos da cooperativa que prexudiquen ou poidan prexudicar gravemente os intereses da mesma.

e)A usurpación de funcións do consello reitor, ou de calquera persoa que forme parte dun órgano de dirección.
f)O incumprimento das obrigas económicas coa cooperativa, incluíndo o impago das achegas obrigatorias ao capital social.

g)Prevalerse da condición de persoas socia para desenvolver actividades contrarias ás leis.

h)Ter sido sancionado durante os últimos cinco anos por dúas faltas graves.

3.2.- Son faltas graves de carácter societario:

a)A falta de asistencia inxustificada ás asembleas xerais debida e validamente convocadas, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non asistir ás reunións de tal órgano social nos últimos cinco anos. Así mesmo, a non asistenciadas persoas que forman calquera dos restantes órganos sociais da cooperativa, cos mesmos requisitos que no caso anterior.

b)A falta de asistencia inxustificada ás reunións dos órganos sociais, debidamente convocadas, para as que fora convocado aínda que non forme parte dos mesmos, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non ter acudido a tales convocatorias.

c)Os malos tratos de palabra ou de obra aos membros de calquera órgano social, a outros socios ou a dirección e empregadas ou empregados da cooperativa.
d)Non aceptar ou renunciar, sen causa xusta, aos cargos para os que fora a persoa elixida pola Asemblea Xeral.

e)Ter sido a persoa socia sancionada por tres faltas leves durante os últimos cinco anos.

3.3.- Son faltas leves de carácter societario :

a)A falta de asistencia non xustificada ás reunións validamente convocadas da Asemblea Xeral.

b)A falta de asistencia non xustificada ás reunións dos órganos sociais para os que fora a persoa socia debidamente convocada, aínda que non forme parte dos mesmos.

c)A falta de asistencia non xustificada das persoas socias que forman parte dos órganos sociais a aquelas reunións debidamente convocadas das que forme parte.

d)A falta de notificación ao consello reitor do cambio de domicilio da persoa socia, dentro dos dous meses seguintes dende que tal circunstancia se produza.

e)Non observar as instrucións ditadas polos órganos competentes para a boa orde e desenvolvemento das operacións e actividades da cooperativa.

4.- As faltas de carácter laboral clasifícanse en moi graves, graves e leves.

4.1.- Son faltas moi graves de carácter laboral:

a)A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como calquera conduta constitutiva de delito.

b)A manifesta insubordinación individual ou colectiva, incluída a agresión verbal e física.

c)O falseamento voluntario de datos e información do servizo.


d)A falta de asistencia ao traballo non xustificada durante máis de tres días ao mes.

e)As faltas reiteradas de puntualidade non xustificada, durante dez días ou máis ao mes, ou durante máis de vinte días ao trimestre.

f)A ocultación de datos relevantes respecto dos útiles, ferramentas, proceso productivo ou servizos.

4.2.- Son faltas graves de carácter laboral:

1) Os malos tratos de palabra ou de obra a outras persoas socias traballadoras ou a persoal asalariado da cooperativa con ocasión da prestación do traballo.

2) A falta de disciplina no traballo ou de respecto aos administradores.

3) O incumprimento das ordes e instrucións do consello reitor e das obrigas concretas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves para o servizo.

4) A desconsideración co público no exercicio do traballo.

5) O incumprimento das normas e medidas de seguridade e hixiene do traballo estabelecidas, cando do mesmo poidan derivarse riscos para a saúde e a integridade física da persoa socia, doutras persoas socias ou do da persoa socia traballadoras, doutras persoas socias traballadoras ou do persoal asalariado.


6) A falta de asistencia no traballo sen causa xustificada durante tres días ao mes.

7) As faltas repetidas de puntualidade inxustificada durante máis de cinco días ao mes.

8) O abandono do traballo sen causa xustificada.


9) A simulación de enfermidade ou accidente.

10) A diminución continua e voluntaria no rendemento normal do traballo.

11)A utilización ou difusión indebida de datos ou asuntos dos que se teña coñecemento por razón do traballo na cooperativa.

4.3.- Son faltas leves de carácter laboral:

a) A incorrección leve co público, con outras persoas socias ou persoal asalariado da cooperativa.
b) O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das súas tarefas.
c) Non comunicar coa debida antelación a falta de asistencia ao traballo por causa xustificada, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.
d) A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada durante un ou dous días ao mes.
e) As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada, un ou dous días ao mes.
f) As faltas que se tipifiquen no regulamento interno, ou por acordo da Asemblea Xeral.


ARTIGO 15.- SANCIÓNS E PRESCRICIÓNS

1.- As sancións que se poderán impoñer as persoas socias pola comisión das faltas son:
- Por faltas moi graves: Multa de mil douscentos tres euros a seis mil quince euros, suspensión as persoas socias dos seus dereitos, ou expulsión.
- Por faltas graves: Multa de trescentos euros a novecentos euros, ou suspensión ao socio dos seus dereitos.
- Por faltas leves: Amoestación verbal ou escrita, ou multa de sesenta euros a douscentos coarenta euros.


2.- A sanción de suspender as persoas socias nos seus dereitos só poderá ser imposta no suposto de que a persoa socia estea ao descuberto das súas obrigas económicas coa cooperativa ou non participe nas actividades cooperativizadas nos termos estabelecidos nestes estatutos.

A suspensión dos dereitos a persoas socia que finalizará no momento no que normalice a súa situación, non alcanzará o dereito de información nin o da asistencia á Asemblea con voz pero sen voto, nin ao devindicación do retorno, dos xuros polas súas achegas ao capital social, nin á actualización das mesmas.

3.- As faltas reflectidas no número anterior prescribirán, se son leves, ao mes; se son graves, aos dous meses; e, se son moi graves, aos tres meses, contados dende que o consello reitor tivo coñecemento da comisión das mesmas. En todo caso, prescribirán aos doce meses da data da súa comisión.

ARTIGO 16.- ORGANO SANCIONADOR E PROCEDEMENTO

1.- A facultade sancionadora é competencia indelegábel do consello reitor, mediante expediente instruído ao efecto e audiencia do interesado, que formalizará as súas alegacións por escrito.

2.- Respecto do procedemento para sancionar as faltas de carácter societario o consello reitor é o encargado de incoación do oportuno expediente, así como de acordar a sanción que corresponda, previa audiencia da persoa intersada, quen poderá formular as súas alegacións por escrito.

Se o Consello Reitor acordase impor a sanción, e sen prexuízo do carácter executivo deste acordo, a persoa socia poderá recorrer no prazo de trinta días desde a súa notificación, ante a Asemblea Xeral. Esta deberá incluír o recurso como primeiro punto da orde do día na primeira que se realice, e resolverá mediante votación secreta, previa audiencia da persoa interesada, quen poderá formalizala mediante as súas alegacións por escrito.

O acordo de sanción e, se é o caso, a ratificación del, poderá ser impugnado no prazo de dous meses desde a súa notificación, ante a xurisdición ordinaria, pola canle procesual estabelecida. no artigo 40 da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de Cooperativas de Galicia

3.- O procedemento para sancionar as faltas de carácter laboral, iniciarase mediante a incoación do oportuno expediente sancionador polo consello reitor, que será competente para acordar a sanción, previa audiencia da persoa interesada.

O acordo de sanción poderá impugnarse ante a Asemblea Xeral no prazo de quince días desde a súa notificación. A Asemblea Xeral resolverá no prazo de dous meses por votación secreta, e previa a audiencia da persoa interesada.

Desde que o acordo sexa executivo poderá instarse á súa revisión ante a xurisdición da orde social, que tamén resolverá sobre a transcendencia económica derivada do período de tramitación.
Se non recaese resolución expresa nos prazos estabelecidos, os recursos interpostos entenderanse estimados.

ARTIGO 17- EXPULSIÓN

1.- A sanción de expulsión só poderá ser acordada polo consello reitor por falta moi grave tipificada nos estatutos sociais, mediante expediente instruído ao efecto e con audiencia da persoa interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.

2.- Cando a causa de expulsión sexa o encontrarse a persoa socia en descuberto das súas obrigas económicas, non operarán os prazos de prescrición estabelecidos no artigo anterior, podendo acordarse a expulsión en calquera momento, salvo que a persoa socia regularice a súa situación durante a tramitación do expediente.

3.- O procedemento sancionador axustarase ao estabelecido no artigo anterior se ben o acordo de expulsión será executivo dende que sexa notificada a súa ratificación pola Asemblea Xeral, ou transcorra o prazo para recorrer ante tal órgano. Non obstante, a cooperativa poderá suspender a persoa socia no seu emprego, de ser o caso, conservando este todos os seus dereitos económicos.

4.- Desde que os acordos de expulsión por faltas de carácter laboral sexan executivos, poderá instarse á súa revisión ante a xurisdición da orde social, que tamén resolverá sobre a transcendencia económica derivada do período de tramitación.

5.- Os acordos de expulsión por faltas de carácter societario poderán ser impugnados pola vía procesual estabelecida no artigo 40 da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de cooperativas de Galicia.


ARTIGO 18.- DAS PERSOAS SOCIAS DE TRABALLO

1.- As persoas socias de traballo da cooperativa resultaranlles de aplicación as normas estabelecidas na Lei de cooperativas 5/1998, modificada pola Lei 14/2011, de cooperativas de Galicia, para as persoas socias de traballo das cooperativas de traballo asociado. A efectos de seguridade social serán, en todo caso, asimilados a traballadores-as por conta allea.

2.- O Regulamento de Réxime Interno regulará a organización básica do traballo que faga referencia á estrutura da empresa, clasificación profesional, mobilidade funcional e xeográfica, licenzas retribuídas e excedencias.

3.- A Asemblea Xeral aprobará anualmente o calendario socio-laboral, que conterá, como mínimo, a duración da xornada de traballo, o descanso mínimo entre cada xornada e o descanso semanal, as festas e as vacacións anuais e as pausas das persoas socias de traballo, respectando as normas estabelecidas por lei.

4.- Os delegados de prevención previstos na lexislación vixente -artigo 35 da lei 31/1995, de 8 de novembro( BOE 10 de novembro de 1995), de prevención de riscos laborais, serán elixidos polas persoas socias de traballo da cooperativa e de entre eles. En caso de existir asalariados-as na cooperativa, a designación realizarase conxuntamente polo total das persoas socias de traballo e asalariadas. Existirá como mínimo un delegado de prevención, e poderase incrementar este número nos termos previstos na devandita lei.


ARTIGO 19.- PERSOA SOCIA COLABORADORA


1.- Poderá ser persoa socia da cooperativa, en calidade persoa socia colaboradora, aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que, sen poder realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, poidan colaborar na súa consecución.

Poderá pasar a ter a condición de persoa socia colaboradora aquelas persoas socias usuarias-beneficiarias que por causa xustificada non realicen a actividade que motivou o seu ingreso na cooperativa, e que o poñan en coñecemento da comisión reitora.
Cando a persoas socia colaboradora puidera realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, poderá pasar a ser persoa socia beneficiaria, previa comunicación ao concello reitor, seno de aplicación todos os dereitos e obrigas inherentes a ela.
2.- A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia colaboradora, será de 10 euros, e a máxima, a que acorde a Asemblea Xeral. Esta achega deberá desembolsarse na súa totalidade para adquirir a condición de socio.

3.- Os requisitos para adquirir a condición de socio colaborador serán os estabelecidos no artigo 8 apartado 2 destes estatutos.

4.- As persoas socias colaboradoras da cooperativa teñen os seguintes dereitos:

a) Ser elector e elixible para os cargos dos órganos sociais da Sociedade., agás dos cargos do consello reitor como presidencia e vicepresidencia.

b) Presentar propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais das que sexa membro.

c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.

d) Á actualización e devolución das achegas ao capital social.
e) As persoas socias colaboradoras que achegaran exclusivamente capital, non percibirán remuneración ningunha por este feito.

e) Ao dereito de información nos termos estabelecidos no artigo 23 da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro,de cooperativas de Galicia
f) A todos os demais dereitos estabelecidos nas leis, estes estatutos sociais ou polos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

5.- As persoas socias colaboradoras teñen as seguintes obrigacións:

a) Asistir ás reunións da Asemblea Xeral e dos demais órganos para os que fosen convocados.

b) Non realizar actividades competitivas coas propias desenvoltas pola cooperativa salvo autorización expresa do consello reitor.

c) Gardar secreto sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa que coa súa divulgación poidan prexudicar os intereses da mesma.

d) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións estabelecidas nos presentes estatutos. Así como desembolsar as cotas de ingreso acordadas, de ser o caso, pola Asemblea Xeral.

e) Aceptar os cargos para os que fosen elixidos, salvo xusta causa de escusa.

f) Cumprir con calquera outro deber legal ou estatutario, así como cos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

6.- O réxime de baixa será o estabelecido no artigo 13 destes estatutos.

7.- Ser elixidas para a secretaría ou unha vogalía no consello reitor.
9.- Tamén poderán ser socias colaboradoras aquelas cooperativas coas que se subscriba un acordo de colaboración intercooperativo.

10.- Os socios colaboradores non poderán desenvolver actividades cooperativizadas en competencia coas que desenvolva a cooperativa.




CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS SOCIAIS Son:


ARTIGO 20- Órganos

Asamblea Xeral

Consello Reitor


SECCIÓN PRIMEIRA

Da Asemblea Xeral


ARTIGO 21- COMPOSICIÓN E CLASES
1.- A Asemblea Xeral, como órgano supremo de expresión da vontade social, é a reunión das persoas socias constituída co obxecto de deliberar sobre a política xeral da cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que, en virtude da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de cooperativas de Galicia ou destes estatutos, sexan da súa competencia, vinculando as súas decisións adoptadas validamente a todos os membros da cooperativa.

2.- As asembleas xerais poden ser ordinarias ou extraordinarias.

3.- A Asemblea Xeral ordinaria ten por obxecto principal examinar a xestión social, aprobar, se procede, o plan empresarial e as contas anuais e resolver sobre a proposta de distribución de excedentes ou a imputación de perdas, e poderase incluír na orde do día da súa convocatoria calquera outro asunto propio da súa competencia. Todas as demais asembleas terán o carácter de extraordinarias.

ARTIGO 22.- COMPETENCIAS

1.- Corresponde en exclusiva á Asemblea Xeral a adopción dos seguintes acordos:

1.1) A aprobación do plan empresarial da cooperativa, presentado polo consello reitor que será o responsábel da súa xestión e execución.

1.2) O nomeamento e revogación, mediante votación secreta, das persoas que forman o consello reitor, así como o exercicio da acción de responsabilidade contra eles.

1.3) O exame da xestión social, a aprobación das contas anuais e a distribución de excedentes ou imputación de perdas.

1.4) O estabelecemento de novas achegas obrigatorias ou voluntarias, a fixación de intereses que lles puidesen corresponder, e a actualización das mesmas.

1.5) A emisión de obrigas, títulos participativos ou outros tipos de participacións que puideran estabelecerse ou de calquera outro título admitido en dereito.

1.6) A aprobación ou modificación do regulamento de réxime interno da cooperativa.

1.7) O estabelecemento ou modificación das cotas de ingreso e periódicas.

1.8) A constitución de cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación económica, así como a adhesión ou separación delas.

1.9)A modificación dos estatutos.

1.10) A fusión, escisión, transformación, disolución e liquidación da Sociedade.

1.11) A creación de seccións e a aprobación e modificación, se é o caso, dos seus regulamentos de réxime interno.

1.12) A cesión ou alienación da sociedade ou de parte dela, ou calquera outra decisión que supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social, organizativa ou funcional dela.

1.13) Todos os demais acordos nos que así o estabeleza a Lei ou os estatutos.

2.- A Asemblea Xeral poderá debater sobre cantos asuntos sexan de interese para a cooperativa, sempre que consten na orde do día, pero unicamente poderá adoptar acordos obrigatorios en materias ou asuntos que a Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro, de cooperativas de Galicia non considere competencia exclusiva doutros órganos sociais.


ARTIGO 23.- FORMA DA CONVOCATORIA

1. A asemblea xeral será convocada polo consello reitor, que fixará a orde do día da convocatoria.
Cando un número de persoas socias que represente o 5% ou acade a cifra de 100 propoñan por escrito con antelación á convocatoria dunha asemblea xeral asuntos para introducir na orde do día desta, estes deberán ser incluídos polo órgano de administración na primeira que teña lugar. Non se poderán incorporar novos asuntos na orde do día unha vez convocada a asemblea.

2.- A Asemblea Xeral convocarase mediante anuncio exposto publicamente no domicilio social da cooperativa, en cada un dos centros nos que desenvolva a súa actividade, ou por outros medios que garanten a súa publicidade, así como por medio de carta ao domicilio da persoa socia.

A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de 15 días no suposto de Asembleas ordinarias e de 10 días no de extraordinarias, e cun máximo de dous meses á data de celebración da Asemblea Xeral.

3.- A convocatoria indicará polo menos, a data, hora e lugar de reunión, en primeira e segunda convocatoria, sendo o intervalo entre unha e outra de media hora, e expresará con claridade, precisión e suficiente detalle os asuntos que compoñen a orde do día, así como a documentación relativa a ela, que poderá examinarse no domicilio social da cooperativa.

2. A asemblea xeral ordinaria será convocada dentro dos seis primeiros meses
seguintes á data de pechamento do exercicio social. Se transcorre o dito prazo sen
que tivese lugar a convocatoria, o órgano de intervención deberá e calquera persoa
socia poderá requirir fidedignamente ao órgano de administración que proceda a
efectuala. Se este non a convoca no prazo de quince días, contados desde a
recepción do requirimento, o órgano de intervención ou calquera persoa socia poderán solicitarlla ao xulgado competente do domicilio social, que deberá convocala, designando quen a deba presidir. Neste caso producirase a destitución inmediata do consello reitor, e procederase á súa nova elección.
O prazo legal para convocar a asemblea xeral ordinaria poderá ser prorrogado pola autoridade da que depende o rexistro no que está inscrita a cooperativa, por solicitude motivada do consello reitor. En todo caso, a asemblea xeral, aínda convocada fóra de prazo, non perderá a súa condición de ordinaria.

3. A asemblea xeral extraordinaria convocarase en calquera momento por iniciativa propia do consello reitor, ou por petición de persoas socias que representen polo menos o 20% do total de votos sociais ou 100 persoas socias, efectuada por medio dun requirimento fidedigno do consello reitor que inclúa a orde do día cos asuntos e coas propostas a debate. Se a asemblea xeral non for convocada no prazo de trinta días, contados desde a recepción da solicitude, calquera persoa socia poderá solicitar convocatoria xudicial conforme o previsto no número anterior.



ARTIGO 24.-CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASEMBLEA

1.- A Asemblea Xeral, salvo que teña o carácter de universal, celebrarase na localidade onde radica o domicilio social da cooperativa.
Poderase participar na Asemblea por medios telemáticos que garantan debidamente a identidade. Neste caso na convocatoria determinaranse os prazos, formas e modos de exercicio dos dereitos por aqueles que asistan telemáticamente á asemblea.

2.- A Asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda cando estean presentes calquera que sexa o número de cooperativistas presentes ou representados
.
3.- Presidirá a Asemblea Xeral a presidencia do consello reitor, e na súa ausencia o vicepresidencia do mesmo órgano, e en defecto de ambos os dous quen elixa a Asemblea Xeral de entre as persoas socias presentes.

4.- A secretaría da Asemblea Xeral será quen exerza tal función no consello reitor, e no seu defecto quen acorde a Asemblea de entre as persoas socias presentes na mesma.

5.- Cando na orde do día figuren asuntos que afecten directamente a presidencia ou a secretaría da asemblea, esta verase obrigada a elixir de entre as persoas socias presentes as persoas que o substitúan en tal función.

6.- As votacións serán secretas nos supostos estabelecidos nos presentes estatutos ou na Lei , ademais naqueles en que, ante a solicitude de calquera persoa socia, o acorden mediante votación o 10 por 100 dos votos sociais presentes e representados na asemblea.

7.- Serán nulos os acordos sobre asuntos que non consten na orde do día, salvo o de convocar unha nova Asemblea Xeral, prorrogar a sesión, destituír ou revogar calquera membro dos órganos sociais, conforme ao establecido na Lei, e acordar o exercicio da acción de responsabilidade contra os membros de tales órganos, así como solicitar auditoría externa da sociedade.

8.- A Asemblea Xeral ou o consello reitor poderá autorizar a asistencia sen dereito a voto, de persoas das que a súa presencia resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.

9.- O consello reitor poderá requirir a presenza de notario/a para que levante acta da Asemblea Xeral, que terá o carácter de acta única da mesma, e estará obrigado a facelo sempre que, con cinco días de antelación ao previsto para a súa celebración, o soliciten como mínimo o 10 por 100 dos socios ou 100 votos sociais. Os honorarios serán por conta da cooperativa.

En todo caso, calquera persoa socia poderá esixir a presenza de notario/a na asemblea para dar fe do que alí ocorra, e non terá outra eficacia que a derivada do propio instrumento público e os seus honorarios serán satisfeitos por quen requirise a súa presencia

ARTIGO 25.- DEREITO DE VOTO NA ASEMBLEA

1.- Cada persoa socia ten dereito a voto.

2.- Cando a asemblea delibere e acorde sobre expedientes disciplinarios, a persoa socia afectada polo dito expediente deberá absterse de votar, así como para o caso de conflito de intereses entre a persoa socia e a cooperativa, dos relacionados no artigo 49 na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de Cooperativas de Galicia.
3.- As persoas socias poderán facerse representar por outras persoas socias, autorizándoas por escrito autógrafo ou poder especial subscrito polo representado ou representada para cada asemblea, verificada tal representación polo órgano de intervención da cooperativa ou, na súa falta, polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da asemblea.
Ningunha persoa socia poderá ter máis de dúas representacións, ademais da súa.
As persoas socias poderán facerse representar na asemblea xeral polo seu cónxuxe ou polos seus parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo por afinidade, con plena capacidade para obrar. A autorización axustarase ao previsto no punto anterior.
A representación conferida entenderase revogada se a persoa socia representada asiste á asemblea xeral para a que concedeu a representación.

.

ARTIGO 26.- ADOPCIÓN DE ACORDOS

1.- Os acordos, salvo nos supostos estabelecidos nestes estatutos ou na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de Cooperativas de Galicia, serán adoptados por máis da metade dos votos validamente expresados, non sendo computábeis a estes efectos nin os votos en branco nin as abstencións.

A maioría dos 2/3, requirirase para acordar a imposición de novas achegas obrigatorias ao capital social e o estabelecemento ou modificación de cotas de ingreso ou periódicas.

2.- Requirirase a maioría de dous terzos dos votos presentes e representados para a adopción de acordos sobre modificación de estatutos, fusión, escisión, transformación, disolución e reactivación da sociedade.

3.- Os acordos adoptados pola asemblea producirán os efectos que lle son propios dende o momento da súa adopción.

ARTIGO 27.-IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DA ASEMBLEA XERAL

1.- Poderanse impugnar os acordos da Asemblea Xeral que sexan contrarios a Lei; que se opoñan a estes estatutos; ou que, en beneficio de un, lesionen máis socios ou que lesionen os intereses da cooperativa (en beneficio de terceiros) segundo as normas estabelecidas na Lei 5/ 1998 modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro

2.- As persoas integrantes do consello reitor e os interventores están obrigados a exercer as accións de impugnación contra os acordos sociais, cando sexan contrarios a lei ou se opoñan aos estatutos.

3.- Para o exercicio de accións de impugnación de acordos anulábeis están lexitimadas as persoas socias que asistiron á asemblea que fixesen constar na acta a súa oposición ao acordo adoptado ou o seu voto en contra do mesmo, as persoas socias ausentes e os que fosen ilexitimamente privados de emitir o seu voto.

Para o exercicio de accións de impugnación de acordos nulos están lexitimados todas as persoas socias e os terceiros que acrediten interese lexítimo.

4.- A acción de impugnación de acordos nulos caducará polo transcurso dun ano, dende a data de adopción do acordo ou dende a súa inscrición no rexistro de cooperativas. A acción de impugnación de acordos anulábeis caducará transcorrido un mes, dende a súa adopción ou inscrición.

SECCIÓN SEGUNDA:

Do consello reitor


ARTIGO 28.- NATUREZA E COMPETENCIAS

1.- O consello reitor é o órgano de goberno, xestión e representación da cooperativa, con suxeición á Lei, aos estatutos e á política xeral fixada pola Asemblea Xeral, sen prexuízo do estabelecido a este respecto no artigo 31, apartado 2, da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de cooperativas de Galicia, exercendo, ademais, todas aquelas facultades que non lle estean reservadas por tal Lei ou polos estatutos a outro órgano social.

2.- O presidente da cooperativa será o presidente do consello reitor, e terá a representación legal daquela, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se a súa actuación non se axusta aos acordos da Asemblea Xeral ou do consello reitor.

3.- O consello reitor poderá nomear por maioría de dous terzos das persoas que o forman e de entre as mesmas, un ou varias persoas conselleiras delegadas, persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario da cooperativa.
En ningún caso poderá ser obxecto de delegación a rendición de contas e a presentación do balance á Asemblea Xeral, así como aquelas outras facultades que con carácter de indelegábeis veña estabelecido polos estatutos ou pola lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011de cooperativas de Galicia.
O nomeamento e cese, así como as facultades conferidas, constarán na escritura pública e deberán inscribirse no Rexistro de cooperativas competente.

ARTIGO 29- COMPOSICIÓN

1.- O consello reitor componse dun mínimo de tres (3) en un máximo de sete (7) membros, e dous suplentes.

2.- Os cargos do consello reitor son: presidencia, vicepresidencia, secretaria, e no seu caso primeiro/a vogal,segundo/a vogal, terceiro/a vogal e cuarto/a vogal.

ARTIGO 30.- ELECCIÓN
1.- As persoas que forman parte do consello reitor serán elixidos pola Asemblea Xeral de entre as persoas socias, en votación secreta, polo maior número de votos.

Se a elixida é unha persoa xurídica, esta deberá nomear a persoa física que, vinculada por calquera título a esta, a represente no cargo para o que fose designada para cada elección.

2.- Os primeiros cargos do consello reitor serán elixidos pola asemblea constitutiva.

3.- Os cargos do consello reitor serán elixidos en reunión ao efecto polo propio consello, de entre as perdoas que forman parte, nos quince días seguintes á elección dos seus membros na asemblea.
Deica o momento da elección, a presidencia, vicepresidencia e secretaría serán exercidas de modo provisional polos membros do consello reitor anterior, que para a validación os seus actos terán que contar coa aprobación do mesmo.

3.- As persoas socias procurarán no consello reitor unha representación equilibrada de mulleres e homes na súa composición.
Para tal obxecto, posibilitarase entre os membros deste órgano a compatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional pleno coas situacións de maternidade e paternidade e cos coidados de menores e persoas dependentes

ARTIGO 31.- DURACIÓN, CESAMENTO E VACANTES

1.- As persoas que forman parte do consello elíxense por un período de 4 anos, e téñense que renovar na súa totalidade ao vencemento do prazo, coa posibilidade de seren reelixidos.

2.- A renuncia das persoas concelleiras poderá ser aceptada polo consello reitor, así como pola Asemblea Xeral aínda que o asunto non conste na orde do día. As vacantes que se produzan no consello reitor cubriranse na primeira Asemblea Xeral que se celebre. No caso de que sexa a propia asemblea quen acepte o cese ou a renuncia, debe procederse a cubrir o cargo vacante no mesmo acto.

3.- A Asemblea Xeral poderá destituír dos seus cargos aos membros do consello reitor en calquera momento, aínda que o asunto non conste na orde do día, por acordo de máis da metade dos votos totais da cooperativa. Se o asunto constase na orde do día bastará o acordo favorábel da maioría dos votos presentes e representados.

4.-Cando quede vacante o cargo de presidencia, substituirao nas funcións ou vicepresidencia ata que se cubra o dito cargo.

5.-En canto ao non estabelecido neste artigo, resultará de aplicación o disposto na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de cooperativas de Galicia.


ARTIGO 32.- FUNCIONAMENTO DO CONSELLO REITOR

1.- A reunión do consello reitor deberá convocala pola presidencia ou quen o substitúa, por iniciativa propia ou por petición de calquera persoa conselleira. Se a solicitude non for atendida no prazo de 10 días poderá ser convocada por quen fixese a petición, sempre que logre para a súa convocatoria a adhesión, como mínimo, dun terzo do consello.

2.-Poderá convocarse para a reunión, sen dereito a voto, o/a letrado/a asesor /a e os/as técnicos/as da sociedade, así como outras persoas sempre e cando a súa presencia resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.

3.- O consello quedará validamente constituído cando concorran persoalmente á reunión máis da metade dos seus compoñentes. As persoas conselleiras non poden facerse representar.

4.- Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados, salvo nos supostos estabelecidos na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de cooperativas de Galicia. Para acordar os asuntos que deban incluírse na orde do día da Asemblea Xeral será suficiente o voto favorábel dun terzo dos membros que compoñen o consello.

Cada persoa conselleira terá un voto. O voto da presidencia dirimirá os empates.



ARTIGO 33.- RESPONSABILIDADE DOS MEMBROS DO CONSELLO REITOR

1.- As persoas que forman parte do consello reitor actuarán coa dilixencia debida e con lealdade á representación e responsabilidade que ostentan. Responderán solidariamente fronte á cooperativa, as persoas socias e terceiras do dano causado por actos contrarios a lei ou aos estatutos, e polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Estarán exentas de responsabilidade as persoas conselleiras que salvasen expresamente o seu voto nos acordos que causasen dano, e os ausentes que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao consello reitor nos 30 días seguintes ao da adopción de tal acordo.

As persoas conselleiras deberán gardar segredo sobre aqueles asuntos que teñan carácter confidencial, aínda despois de cesar nas súas funcións.

2.- Non exonerará de responsabilidade o feito de que o acto ou acordo lesivo fose adoptado, autorizado ou ratificado pola Asemblea Xeral.

ARTIGO 34.- ACCIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A acción de responsabilidade contra os membros do consello reitor poderá ser exercida pola cooperativa mediante acordo da Asemblea Xeral adoptado por máis da metade dos votos presentes e representados, aínda que o asunto non conste na orde do día.

Será de aplicación en todo o relacionado coa acción de responsabilidade, o estabelecido na Lei5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 de decembro, de cooperativas de Galicia

ARTIGO 35.- IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DO CONSELLO REITOR

1.- Poderanse impugnar os acordos do consello reitor que sexan contrarios a Lei ou a estes estatutos; que vulneren os dereitos das persoas socias; ou que, en beneficio de un, lesionen varias persoas socias ou que lesionen os intereses da cooperativa (en beneficio de terceiros).

A efectos da posibilidade de impugnación, os acordos das persoas conselleiras delegadas, se existisen, entenderanse adoptados polo consello reitor.

2.- Están lexitimados para interpoñer as accións de impugnación de acordos anulábeis aqueles persoas que forman parte do consello reitor que fixesen constar en acta a súa oposición ao acordo, as persoas que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao consello reitor nos 30 días seguintes ao da adopción do acordo, e das persoas socias que representen, como mínimo, o 10 por 100 dos votos sociais.

Para a impugnación de acordos nulos está lexitimado calquera persoa socia, incluídos As persoas que forman parte do consello que votasen a favor do acordo e os que se abstivesen.

3.- As accións de impugnación de acordos nulos e anulábeis deberán ser interpostas nun prazo de dous meses contados dende que se tivese coñecemento do acordo, e sempre que non transcorrese un ano dende a súa adopción.

4.- As accións de impugnación tramitaranse e producirán os efectos previstos conforme ao estabelecido nestes estatutos para a impugnación de acordos da Asemblea Xeral.



CAPÍTULO IV: DO RÉXIME ECONÓMICO

ARTIGO 36.– SEN ÁNIMO DE LUCRO
A actividade da cooperativa realizarase sen ánimo de lucro para o que se recolle expresamente o seguinte:
a) Que os resultados positivos que se produzan nun exercicio económico non poderán ser distribuídos entre as persoas socias, destinándose os excedentes dispoñibles ao Fondo de Reserva Obrigatorio.
b) As achegas das persoas socias ao capital social, tanto obrigatorias como voluntarias, non poderán devengar un xuro superior ao xuro legal do diñeiro, sen prexuízo da posible actualización destas.
c) O carácter gratuíto do desempeño dos cargos do consello reitor, sen prexuízo das compensacións económicas procedentes polos gastos nos que poidan incorrer os membros do consello no desempeño das súas funcións, agás os de asistencia ás asembleas xerais. .
d) As retribucións das persoas socias traballadoras ou, se é o caso, das persoas socias de traballo e do persoal traballador por conta allea non poderán superar o 150% das retribucións que, en función da actividade e categoría profesional, estableza a lexislación laboral aplicable ao persoal asalariado do sector.


ARTIGO 37.- RESPONSABILIDADE

1.- As persoas socias responderán das débedas sociais só ata o límite das súas achegas subscritas ao capital social, estean ou non desembolsadas na súa totalidade.

2.- A persoa socia que cause baixa na cooperativa responderá persoalmente durante cinco anos desde a perda da súa condición polas débedas sociais, logo da excusión do haber social, derivadas das obrigas contraídas pola cooperativa con anterioridade á súa baixa e ata o importe reembolsado das súas achegas ao capital social.

ARTIGO 38.- CAPITAL SOCIAL

1.- O capital social estará constituído polas achegas de natureza patrimonial realizadas polas persoas socias, xa sexan obrigatorias ou voluntarias.

2.- As achegas acreditaranse mediante títulos nominativos non negociábeis, que reflectirán as que se realicen, as actualizacións das mesmas, as deducións practicadas a persoa socia por imputación de perdas, e a parte de capital subscrito e non desembolsado.

3.- As achegas realizaranse en moeda de curso legal. Non obstante, poderán consistir en bens e dereitos susceptíbeis de valoración económica; se ben neste caso o consello reitor fixará o seu valor, previo informe de persoa ou persoas expertas independentes designadas por tal órgano social baixo a súa responsabilidade.
4.- As achegas non en diñeiro non producen cesión ou traspaso nin para os efectos da Lei de arrendamentos urbanos ou rústicos, senón que a sociedade cooperativa é continua­dora na titularidade do ben ou dereito. O mesmo entenderase respecto de nomes comer­ciais, marcas, patentes e calquera outro título ou dereito que constitúan achegas ao capital social.

5.- O importe total das achegas de cada persoa socia deberá ser inferior ao 50% do capital social.

ARTIGO 39.- CAPITAL SOCIAL MÍNIMO

O capital social mínimo fíxase en 3100 EUROS, que deberá estar totalmente desembolsado.


ARTIGO 40.- ACHEGAS OBRIGATORIAS

1.- A achega obrigatoria mínima para ser socio da cooperativa será de 10 euros, tendo que desembolsar tal suma no momento da súa subscrición.

2.- A Asemblea Xeral poderá acordar a esixencia de novas achegas obrigatorias fixando a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso. A persoa socia que tivese desembolsadas achegas voluntarias poderá aplicalas en todo ou en parte para cubrir as novas achegas.

A persoa socia desconforme coa ampliación obrigatoria do capital social poderá darse de baixa, que deberá cualificarse como xustificada.

3.- Se pola imputación de perdas da cooperativa as persoas socias, a achega ao capital social dalgún deles quedase por debaixo da mínima obrigatoria, persoa socia afectada deberá realizar a achega necesaria ata acadar tal mínimo, para o que será requirido inmediatamente polo consello reitor, que fixará o prazo para efectuar o desembolso. Este prazo non poderá ser inferior a dous meses.

4.- A persoa socia que non desembolse as achegas nos prazos previstos incorrerá en mora polo mero vencemento do prazo, e deberá facerlle o aboamento á cooperativa co interese legal que corresponda e resarcila dos danos e perdas causados pola morosidade, podendo ser tamén suspendido dos seus dereitos ata que normalice a súa situación, e se non realiza o desembolso no prazo de dous meses dende que fose requirido para isto, poderá ser expulsado da sociedade.

5.- A Asemblea Xeral ordinaria fixará anualmente a contía da achega obrigatoria para adquirir a condición de persoa socia e as condicións e prazos de desembolso.

O importe das achegas obrigatorias das novas persoa socia non poderá ser inferior á cantidade mínima fixada nestes estatutos para ser persoa socia nin superior ás achegas efectuadas polas persoas socias actuais incrementadas na contía que resulte de aplicar o índice de prezos ao consumo.

ARTIGO 41.- ACHEGAS VOLUNTARIAS

1.- A Asemblea Xeral poderá acordar a admisión de achegas voluntarias ao capital social que vaian realizar as persoas socias, fixando as condicións delas.

2.- As achegas voluntarias deberán desembolsarse totalmente no momento da subscrición e terán o carácter de permanencia propio do capital social do que pasan a formar parte.


ARTIGO 42.- COTAS DE INGRESO E PERIÓDICAS

1.- A Asemblea Xeral poderá estabelecer cotas de ingreso e/ou periódicas que non integrarán o capital social nin serán reintegrábeis.

2.- As cotas de ingreso non poderán ser superiores ao 50 por 100 da achega obrigatoria mínima ao capital social vixente en cada momento para adquirir a condición de persoa socia.


ARTIGO 43.- TRANSMISIÓN DE ACHEGAS

1.- As achegas poderán transmitirse por actos intervivos, previa notificación ao consello reitor, entre persoas socias –preferentemente– e entre aqueles que, reunindo os requisitos para ser persoa socia, se comprometan a selo nos tres meses seguintes, nos termos fixados nos estatutos para adquirir a condición de persoa socia.

2.- As achegas poderán transmitirse por sucesión mortis causa aos causahabentes de seren persoas socias e así o solicitaren ou, se non o fosen, logo da admisión como tales, que deberá solicitarse no prazo de tres meses dende o falecemento, sen estaren obrigados a desembolsar a cota de ingreso.

Noutro caso, terán dereito á liquidación do crédito correspondente á achega social.

Se fosen varias persoas as herdeiras, a cooperativa poderá esixir que o dereito á condición de persoas socias sexa exercido por un só, con expreso consentimento dos demais, e se non houbese acordo entre eles procederase ao aboamento da liquidación da achega social do causante a aqueles que acrediten ter dereito a ela.

ARTIGO 44.- REEMBOLSO DAS ACHEGAS

1.- En caso de baixa da persoa socia, este ou os seus dereito-posuidores estarán facultados para esixir o reembolso das achegas ao capital social que tivese a persoa socia.

A liquidación das achegas farase segundo o balance de peche do exercicio no que se produza a baixa, podendo estabelecerse deducións só sobre as achegas obrigatorias, que non serán superiores ao 30 por 100 en caso de expulsión, nin ao 20 por 100, en caso de baixa non xustificada. En caso de baixa xustificada non procederá dedución ningunha.

2.- Sen prexuízo das deducións anteriormente citadas e, en todo caso, a efectos do oportuno desconto da achega que se lle deba devolver a persoa socia que cause baixa, computaranse as perdas. Estas hanse reflectir no balance de peche do exercicio económico no que se produza a baixa, xa correspondan a tal exercicio, xa proveñan doutros anteriores ou estean sen compensar.

3.- O prazo de reembolso non excederá de 5 anos no caso de expulsión, a partir da data de baixa tres anos no caso de baixa xustificada. No caso de falecemento da persoa socia o reembolso deberá realizarse nun prazo non superior a un ano dende o feito causante.

As cantidades pendentes de reembolso non serán susceptíbeis de actualización, pero darán dereito a percibir o interese legal do diñeiro .

4.- A persoa socia que teña a dobre condición de cedente de uso e aproveitamento de bens e de persoa socia traballadora, en caso de cesar nunha delas, terá dereito ao reembolso das achegas realizadas en función da condición na que cesa na cooperativa, sexa esta a de cedente de bens ou a da persoa socia traballadora.



ARTIGO 45.- DETERMINACIÓN DOS RESULTADOS NETOS DO EXERCICIO

1.- Para a determinación do resultado do exercicio aplicaranse as normas e criterios estabelecidos no Código de comercio e na normativa contábel que resulte aplicábel.

2.- Non obstante, consideraranse como gastos deducíbeis para a determinación do resultado do exercicio os estabelecidos na Lei 5/1998, modificado pola Lei 14/2011 .
3.- Os resultados obtidos de operacións cooperativizadas realizadas con terceiros non socios figurarán na contabilidade por separado, e destinaranse nun 50 por 100 como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio, e o resto segundo acorde a Asemblea Xeral.

4.- As plusvalías obtidas polo alleamento de elementos do inmobilizado material destinados ao cumprimento do fin social, cando se reinvista a totalidade do seu importe en novos elementos do inmobilizado, con idéntico destino, dentro do prazo comprendido entre o ano anterior á data da entrega ou posta a disposición do elemento patrimonial e os tres anos posteriores, sempre que permaneza no seu patrimonio, salvo perdas xustificadas, ata que finalice o seu período de amortización.
Para a determinación dos resultados extracooperativos imputarase aos ingresos derivados destas operacións, ademais dos gastos específicos necesarios para a súa obtención, a parte que, segundo criterios de imputación fundados, corresponda dos gastos xerais da cooperativa

ARTIGO 46.- DISTRIBUCIÓN DE EXCEDENTES NETOS. O RETORNO COOPERATIVO

1.- Anualmente dos excedentes netos do exercicio económico destinaranse:

a) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio e ao Fondo de Formación e Promoción unha contía global mínima do 25 por 100, destinándose un 5 por 100 como mínimo ao Fondo de Formación e Promoción e polo menos un 20 por 100 ao Fondo de Reserva Obrigatorio.

b) O resto estará a disposición da Asemblea Xeral que poderá distribuílo da forma seguinte: á dotación dos Fondos de Reserva Voluntarios de libre disposición de carácter irrepartíbel, ou a incrementar os fondos sociais obrigatorios.


ARTIGO 47.- FONDOS SOCIAIS OBRIGATORIOS

1.- O Fondo de Reserva Obrigatorio, destinado á consolidación, desenvolvemento e garantía da cooperativa, é irrepartíbel entre os socios, e destinaranse ao mesmo, necesariamente, as partidas e dotacións estabelecidas na Lei.

2.- O Fondo de Formación e Promoción cooperativa é irrepartíbel entre os socios, e destinarase, en aplicación das liñas básicas fixadas pola Asemblea Xeral, a actividades que cumpran algunha das finalidades estabelecidas no apartado segundo do artigo 68 da Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro, de cooperativas de Galicia.

Ao Fondo de Formación e Promoción Cooperativa destinaranse necesariamente as partidas e dotacións estabelecidas na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro ,de cooperativas de Galicia.
.

ARTIGO 48.- IMPUTACIÓN DE PERDAS

1.- Poderanse imputar as perdas a unha conta especial para a súa amortización con cargo a futuros resultados positivos dentro do prazo máximo de sete anos.

2.- Na Compensación de perdas, a cooperativa suxeitarase á orde seguinte:
a) Aos fondos de reserva voluntarios de libre disposición, de existiren, poderá imputarse a totalidade das perdas.
b) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio

c) A contía non compensada cos fondos anteriores imputaranse as persoas socias en proporción ás operacións, servizos ou actividades realizadas por cada un deles coa cooperativa, sen que en ningún caso poidan imputarse en función das achegas ao capital social.
As perdas imputadas as persoas socias satisfaranse dalgunha das formas seguintes:

1.- Directamente ou mediante deducións nas súas achegas ao capital social, dentro do exercicio seguinte a aquel no que se produzan.

2.- Con cargo a retornos que poidan corresponder ao socio dentro dos sete anos seguintes, como máximo. Se quedasen perdas sen compensar, deberán ser satisfeitas polas persoas socias no prazo máximo dun mes contado a partir do requirimento expreso formulado polo órgano de administración.

3.- En calquera caso, as perdas determinadas pola actividade cooperativizada das que deban responder as persoas socias de traballo, imputaranse ao Fondo de Reserva Obrigatorio e, no seu defecto, as persoas socias usuarias-beneficiarias, na contía necesaria para lles garantir a aqueles unha compensación mínima equivalente ao 70% da retribución salarial que viñesen percibindo na mensualidade inmediatamente anterior a aquela na que se imputen as devanditas perdas e, en todo caso, non inferior ao salario mínimo interprofesional.

ARTIGO 49.- EXERCICIO ECONÓMICO. CONTAS ANUAIS

1.- O exercicio económico terá unha duración de 12 meses e estenderase dende o mes de xuño ao mes de xullo.

2.- O consello reitor está obrigado a formular no prazo máximo de 3 meses, contados a partir do peche do exercicio económico, as contas anuais, o informe de xestión e a proposta de distribución de excedentes e destino dos beneficios extracooperativos ou da imputación de perdas, para a súa aprobación pola Asemblea Xeral.


CAPÍTULO V: DOCUMENTACIÓN SOCIAL E CONTABILIDADE


ARTIGO 50.- DOCUMENTACION SOCIAL

1.- A cooperativa terá en orde e levará ao día os seguintes libros:

a) Libro rexistro de persoas socias.

b) Libro rexistro de achegas ao capital social.

c) Libro de actas da Asemblea Xeral, do consello reitor,.

d) Libro de inventarios e balances e libro diario, conforme ao contido disposto na normativa mercantil.

e) Calquera outro libro esixido polas disposicións legais.

2.- Todos os libros sociais e contábeis serán dilixenciados e legalizados, con carácter previo a súa utilización, polo rexistro de cooperativas competente.

3.- Os libros e demais documentos da cooperativa estarán baixo a custodia, vixilancia e responsabilidade do consello reitor.

4.- Será válida a realización de asentos e anotacións por calquera procedemento idóneo, sobre follas que despois serán encadernadas correlativamente para formar os libros obrigatorios, que serán presentados ao Rexistro de cooperativas competente para a súa legalización, antes do transcurso dos catro meses seguintes á data de peche do exercicio.

ARTIGO 51.- CONTABILIDADE

1.- A composición das contas anuais da cooperativa será a establecida pola normativa contable de aplicación.

2.- O consello reitor presentará para o seu depósito no Rexistro de cooperativas competente, dentro do prazo de dous meses contados dende a súa aprobación pola Asemblea Xeral, as contas anuais, o informe de xestión e o informe dos interventores ou, se é o caso, o informe de auditoría externa, así como a certificación acreditativa do número de persoas socias.


CAPÍTULO VI: DA DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN



ARTIGO 52.- CAUSAS DE DISOLUCIÓN

A cooperativa disolverase:

1.- Por acordo da Asemblea Xeral, adoptado por maioría de dous terzos dos votos presentes e representados.

2.- Por cumprimento do termo fixado nos estatutos, salvo acordo expreso en contrario da Asemblea Xeral, adoptado coa maioría estabelecida no número anterior, que se elevará a escritura pública e se inscribirá no rexistro de cooperativas.

3.- Por finalización e cumprimento da actividade empresarial, social ou económica que constitúa o seu obxecto social, ou pola imposibilidade notoria e manifesta do seu cumprimento, ou paralización dos seus órganos sociais durante un ano, ou da actividade cooperativizada durante dous anos, de tal xeito que imposibilite o seu funcionamento.

4.- Pola redución do capital social mínimo estatutario ou do número de persoas socias para constituír a cooperativa da clase e grao de que se trate, sen que se restabeleza no prazo de seis meses.

5.- No caso da redución do capital social mínimo estatutario, poderase evitar a causa de disolución, procedendo á redución do capital social, por acordo da Asemblea Xeral adoptado pola maioría de dous terzos dos votos presentes e representados, sempre e cando o resultante non sexa inferior ao mínimo legal.

6.- Por quebra da sociedade, cando como resultado da interposición e resolución de tal proceso concursal proceda á súa disolución.

7.- Pola fusión ou escisión da sociedade cooperativa.

8.- Por calquera outra causa estabelecida na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro ,de cooperativas de Galicia.
.


ARTIGO 53.- LIQUIDACIÓN

A liquidación e extinción da cooperativa axustarase ao disposto na Lei 5/1998, modificada pola Lei 14/2011 de 16 decembro ,de cooperativas de Galicia.
.