Afiliación

Na asemblea de Galiza co Galego do pasado día 28 de xaneiro de 2012 , estabelecéronse as seguintes cotas para os socios e socias:

Socios/as protectores/as: non se determinou importe de cota económica.
Socios/as numerarios/as: 10 euros mensuais
O estabelecemento das cotas de socios/as realizouse en base aos seguintes criterios, para a súa distribución anual durante o ano 2012:
10 euros para os gastos de Galiza co Galego, como os derivados de facer reunións, organizar actos, envío de cartas, etc.
10 euros para achegar capital á Cooperativa Popular de Ensino “Avoaescola”, co obxecto de contribuír ao capital social preciso para a súa constitución e viabilidade.
100 euros (10 cotas mensuais de 10 euros) para o Fondo de Escolas, precisos para garantir o dereito á educación en galego e a viabilidade das escolas.

Para darse de alta, deben seguirse os seguintes pasos:
1. Cubrir o seguinte formulario.
2. Descargar o documento de afiliación (prema o enlace) e remitilo cuberto ao enderezo de Galiza co Galego que figura no mesmo.