As familias conseguiron que a Xunta garanta as escolas infantís de Narón.
A
presión social logrou o compromiso do mantemento das escolas. A Xunta
achegará, xunto co Concello, o 67 por cento do orzamento e as familias, o
33 restante.
Galiza co Galego
expresa a súa satisfacción polo acordo alcanzado entre as
Administracións -Xunta e Concello- para o mantemento das escolas
públicas infantís municipais do Concello de Narón que na actualidade
están en funcionamento.
É de xustiza que a Xunta
de Galicia participe como Administración principal nos orzamentos das
escolas infantís, e que en dereito debe garantir.
Foron
as familias as que principalmente conseguiron que a razón e a xustiza
prevalecesen; Galiza co Galego manifesta o seu agradecemento pola súa
determinación e defensa do dereito á educación.
Galiza
co Galego ponse á disposición das familias e do Concello de Narón co
fin de buscar unha solución que permita o funcionamento da nova escola
infantil de Xuvia.
28/04/2012