26 ene. 2012

Galiza co Galego



Galiza co Galego está a constituír o Fondo económico da Escola Popular, para axudar ás familias a exercer o dereito universal da infancia á educación, unha educación en galego, laica, pluralista, democrática, de valores e de calidade.
Galiza co Galego vai apoiar a viabilidade económica das escolas en galego e desenvolver a Rede de Escolas Populares Infantís, e, a partir de marzo, porá a funcionar a Cooperativa Popular de Ensino -Avoaescola- como ferramenta para dar escola.

Todas as persoas que apoian a educación en galego poden facerse socias de Galiza co Galego.

Na asemblea de Galiza co Galego do pasado día 28 de xaneiro aprobáronse os estatutos, que, no seu artigo 6, estabelecen o seguinte canto a socios/as:
(...) Os socios/as serán protectores/as, beneficiarios/as ou numerarios/as.
Socios/as protectores/as:
Son aquelas persoas que, libre e voluntariamente, realizan traballos non remunerados ou achegas que contribúen a que GcG poida conseguir os seus fins.
Socios/as beneficiarios/as:
Son aquelas persoas que contribúen ao mantemento de GcG, tanto poden ser alumnos/as coma titores, persoal docente ou non docente dun centro de ensino ou dun lugar de traballo que forme parte de GcG ou/ e da súa Rede (REP).
Socios/as numerarios/as:
Son aquelas persoas que, sen ser socios/as beneficiarios/as, contribúen ao mantemento de GcG e da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA).”


Estabelecéronse as seguintes cotas para os socios e socias:

Socios/as protectores/as: non se determinou importe de cota económica.

Socios/as numerarios/as: 10 euros mensuais.
O estabelecemento das cotas de socios/as realizouse en base aos seguintes criterios, para a súa distribución anual durante o ano 2012:
10 euros para os gastos de Galiza co Galego, como os derivados de facer reunións, organizar actos, envío de cartas, etc.
10 euros para achegar capital á Cooperativa Popular de Ensino “Avoaescola”, co obxecto de contribuír ao capital social preciso para a súa constitución e viabilidade.
100 euros (10 cotas mensuais de 10 euros) para o Fondo de Escolas, precisos para garantir o dereito á educación en galego e a viabilidade das escolas.

Artigo 32 dos estatutos: “ (...) A achega ao fondo da escola popular que efectúa cada socio/a, a modo de préstamo, por un importe mínimo de cen (100) e máximo de douscentos (200) euros, contribución que pode realizarse por xunto ou como máximo en dez (10) cotas nun período non superior ao ano.
A asemblea xeral de socios será quen determine o importe da achega ao fondo da escola popular, dentro dos límites estabelecidos. Os/as socios/as terán a obriga de aboar a diferenza en caso de que a achega satisfeita ao fondo da escola popular fose inferior, e a recibir a devolución correspondente no caso de ser superior.” 

Ficha de socia/o
Para darse de alta, deben seguirse os seguintes pasos:
1. Cubrir o seguinte formulario.
2. Descargar o documento de afiliación (prema o enlace) e remitilo cuberto ao enderezo de Galiza co Galego que figura no mesmo.