24 oct. 2011

Comeza o traballo para cooperativa e a rede de ensino popular

A Comisión promotora de Galiza co Galego na asemblea en Compostela, deste 22 de outubro determinou o traballo a realizar.

A Comisión centrará os seus esforzos na creación dunha Cooperativa de Ensino Popular que garanta que se poida recibir ensino en galego.



Así mesmo, acordou a súa transformación na Asociación Galiza co Galego, para o que informará a todos os socios e socias do borrador de Estatutos elaborados que, unha vez debatidos, serán aprobados en Asemblea Extraordinaria. Galiza co Galego será a asociación que garantirá económica e socialmente a Rede de Ensino Popular en galego, laica, pluralista, universal e de calidade, que comezará a súa andaina pola etapa infantil.



A Comisión manterá entrevistas con escolas infantís en toda Galiza para que a Rede inicie o seu labor no ano 2012 con centros en todas as cidades e na maior parte das vilas de Galiza.