20 nov. 2010

20 de novembro día universal da infancia: polo dereito á educación en Galicia

Comunicado a cidadanía
Estimad@s amig@s
O día 20 de novembro do ano 1989, aprobouse nas nacións unidas a Convención dos Dereitos da Infancia. É por iso que se adoptou esta data como día universal da infancia. En consecuencia co noso compromiso social queremos informar e solicitar o voso apoio como cidadáns “bos e xenerosos”.
A Comisión de Galiza co Galego (CGG) segue avanzando co movemento sindical, de renovación pedagóxica, de normalización lingüística, e de cooperativismo galego , para conseguir dar cumprimento na Galiza ó dereito á educación da infancia. O vindeiro mes de decembro debateremos sobre o proxecto educativo marco da Rede de Novas Galescolas e das escolas candidatas a formar parte da mesma.
A idade de acadar a lingua está na contorna dos primeiros anos. O inicio dunha rede impulsada pola iniciativa popular de educación infantil é un acontecemento histórico que determinará o futuro dos dereitos da infancia e do noso idioma.
Tod@s podedes participar e axudar, de diferentes maneiras:
1/ Difundindo a idea da Rede Popular de Ensino, para que a cidadanía apoie, coñeza que existe a determinación de facer ensino en galego e comprometa a súa defensa real efectiva no noso blogue: http://limiargalego.blogspot.com/
2/ Facéndovos soci@s (se non o sodes) da Comisión, participando nos debates por correo electrónico ou por medio do noso grupo “O bulideiro”, e contribuíndo coa vosa cota anual (10€) a facer actos públicos e xuntanzas de traballo.
http://limiargalego.blogspot.com/p/afiliacion-cgg.html
3/ Achegando ideas como soci@s ou membros do movemento. Neste intre o que precisamos é coñecer as escolas infantís (privadas) que existen na Galiza e que defenden e usen a noso idioma, podedes achegarnos o seu nome e localización ao noso correo: comisiongalizacogalego@gmail.com
Grazas.

En Galiza a 20 de Novembro de 2010