22 ene. 2011

Galiza co Galego, informa


Novo acto público en Pontedeume

22 de xaneiro de 2011

Resume do acto público e asemblea de Galiza co Galego de Pontedeume

O movemento Galiza co Galego está a defender o dereito á educación da infancia en lingua galega coma un feito natural, un dereito natural e fundamental como o da vida. O movemento Galiza co Galego quere facer efectivo este dereito (á educación) con independencia do que os políticos consideren, ou impoñan.

O movemento de Galiza co Galego nace en abril de 2009 e conta (a día de hoxe 22 de xaneiro de 2011) con 2330 persoas, empresas, entidades e organizacións, que en constante crecemento agarda superar os 3000 compromisos, momento no que se constituirá en Asociación co fin de garantir o dereito á educación en galego, laica e en valores, democrática e pluralista.


Logo da exposición breve da historia e fins do movemento, A Comisión de Galiza co Galego da comezo á asemblea aberta ás persoas asociadas e participantes.


A Comisión de Galiza co Galego informa que co gallo de poder facer efectiva unha rede popular de escolas infantís para o curso 2011-2012, impulsou un encontro convidando a participar a sindicatos, asociacións pedagóxicas, e organizacións sociais para formar unha comisión organizadora, pero desestimaron esta proposta asumindo o compromiso de participar nunha Comisión de Apoio á rede infantil na súa etapa inicial.

Esta Comisión de Apoio está formada por CNTL a MNL (movemento defensa da lingua), AS_PG e NEG (movemento pedagóxico), CIG,STEG (sindicatos de ensino) e UCETAG (cooperativas de ensino). Mantivo xuntanzas nos meses de outubro, novembro e decembro. Do traballo desenvolvido resultou o anteproxecto de rede e educativo marco, que foi elaborado polas asociacións pedagóxicas, e que esta a ser debatido.

Creouse un grupo de traballo neste mes de xaneiro e acordou unha nova xunta para o xoves día 4 de febreiro.


A Comisión de Galiza co Galego solicita a opinión sobre o documento da rede e o proxecto educativo marco das escolas, elaborado pola Comisión de Galiza co Galego ( baseado no documento da Comisión de Apoio) e do que están informados (por correo electrónico) as socias-os. O debate suscitado clarexou que o proxecto educativo marco é aberto, non organiza o traballo interno das escolas, e non presupón unha metodoloxía concreta senón uns obxectivos a alcanzar como a educación de calidade en valores e no respecto, coa actuación directa da comunidade educativa: nais, pais, mestras-es, nenas-os, de xeito democrático e pluralista.

Ademais enténdese que dentro deste proxecto caben contornas de educación diferentes da escola regulada , como lugares de lecer, aulas da natureza....

O documento coa interpretación establecida no debate é aprobado polas socias-os.


En consecuencia coa posición dos grupos sociais ( de non asumiren participar directamente na organización da rede) da Comisión de Apoio , considerase precisa facer unha asemblea extraordinaria da Comisión promotora Galiza co Galego antes do 17 de maio (data de caducidade da asociación por estatutos), establecéndose como data tope para a súa realización a semana anterior ao día das letras galegas, a sinalar pola Comisión Rectora. Nesta asemblea as socias-os decidirán a continuidade, transformación, ou a súa disolución da Asociación.


Elíxense a Comisión Rectora (órgano directivo de Asociación C.G.G) e resultando nomeados: Francisco (de Limiar) López, Hector Iglesias, Josefa Sánchez, Miguel Seoane, Nuria Fernández e Xosé Ribeira.

En relación ao traballo desta nova comisión a desenvolver, fálase da conveniencia de espallar Galiza co Galego con máis actos, xa que a pesares de ter un gran apoio social é pouco coñecida (xa que algúns medios de comunicación influentes de Galicia non á consideran relevante). Neste traballo sería de gran axuda que os actos puideran ser realizados por comisións de apoio territorial que se puideran formar.

Salientar a importancia de contactar coas escolas que empregan o galego, para apoiar os seus proxectos e co resto das escolas, para ver de conseguir unha liña educativa en galego, no primeiro ciclo de infantil (0-3 anos).

A partires de Marzo , data da pre-inscrición nas escolas elaborase unha listaxe (en colaboración coa Comisión de Apoio) de escolas infantís en galego, laicas , en valores e pluralistas, para que as familias poidan reservar praza nos centros e escoller a mellor educación para ás súas crianzas.

Para esta labor é preciso contar co documento da Rede e proxecto educativo marco e unha listaxe de contactos de escolas infantís candidatas á rede. Este traballo é o que nesta etapa estase a dar coa axuda e en concordancia coa Comisión de Apoio.


En Pontedeume a 22 de xaneiro de 2011.

---------------------------------



Novo acto en Lugo e reunións de traballo en prol da rede popular de ensino


A Comisión Galiza co Galego reunímonos este pasado 16 de outubro coa ASPG, NEG, UCETAG, CIG-ensino e STEG, para promover a garantía do dereito a educación en galego a cidadanía e en especial a infancia. Continuarán os traballos no mes de novembro incluíndo a participación da MNL e CTNL.

Estamos a traballar para que a rede popular de ensino comece para o vindeiro curso 2011, coa posta en marcha da etapa infantil, impulsando a coordinación e creación de “Novas Galescolas”.


Baixo o lema “Polo dereito a infancia a educación” o sábado día 30 ás sete da da tarde no Centro Municipal Social Fingoi, o presidente da Comisión Galiza co Galego, Francisco (de Limiar) López, disertará sobre a historia e a motivación do proxecto aberto e popular do movemento de Galiza co Galego e o inicio da rede popular no ensino infantil, as Novas Galescolas..


Este acto ven a sumarse os realizados en Ferrol, Pontevedra, Santiago de Compostela, As Pontes (A Coruña).


Xa sumamos mais de 2120 apoios e están a incrementarse os asociados a Comisión que coas súas ideas e apoio económico (10 euros, cota anual ) fan posible a organización dos actos públicos, as reunións de traballo...

Grazas a tod@s por participar neste movemento e no voso apoio.


Acto público de Compostela martes 24 de agosto

-----------------------------------------------------------

Polo dereito da infancia á educación

O acto en Compostela (Santiago de) do día 24 de agosto feito na libraría Couceiro, tivo unha gran participación.

A presentación e clausura correspondeu a Fran Rei vicepresidente da Mesa de Normalización Lingüística, quen felicitou a Comisión Promotora de Galiza co Galego polo seu traballo e manifestou o compromiso e axuda da Mesa, co proxecto da Comisión para a creación dunha nova rede de galescolas (ensino infantil) que garantan os dereitos da infancia a educación en galego, a cal ten unha gran demanda social que está a ser dificultada pola política contra do galego do PP en Galicia.

Por Galiza co Galego interviñeron Francisco (de Limiar) López e Nuria Fernández.

Explicouse a breve historia do movemento de Galiza co Galego en favor dun ensino laico, democrático e pluralista e da decisión da Comisión promotora de iniciar a rede popular de ensino na etapa infantil, coa creación dunha nova rede de galescolas.

A necesidade do comezo polo ensino infantil do proxecto da rede popular de ensino, é por ser na infancia onde se concentra a actuación contra dos dereitos a educación en galego. O goberno do PP en Galicia está a impulsar a eliminación do galego no ensino infantil, pese a que o 65% das nais e pais ( na enquisa-tampa do PP) desexan que seus fillos aprendan a ler e escribir en galego.

Os impositores ,do castelán ou inglés contra do galego, queren coa pregunta ao pais de educación infantil “¿en que lengua le habla a los niños en casa?” eliminar o galego do ensino.

Destacouse que manter o galego na infancia é garantía de futuro e un apoio a educación nas seguintes etapas en galego.


Galiza co galego estará formada por persoas comprometidas do movemento pedagóxico, cooperativo, sindical, ensino e pais e nais.

Galiza co galego a ser unha iniciativa popular, de mais de 3000 persoas, unha iniciativa social, pluralista , garantirá os dereito a educación en galego, por riba de calquera poder político.

Destacouse que a rede de Galiza co galego desenvolverá unha educación en valores, laica, universal, en servizo da cidadanía, con independencia dos seus recursos económicos. Unha rede pluralista, na que todas as persoas con inquedas poidan participar e que lles sexa propia.

Galiza co Galego apoiará as iniciativas de ensino infantil xa existentes e aquelas que a iniciativa privada (ensinantes, pais e nais) queiran formar, garantindo a súa viabilidade.

En calquera caso Galiza co Galego, garantirá por medio da formación dunha cooperativa de ensino, o dereito a educación onde houbera demanda e non contase con medios adecuados.

Tivo lugar un amplo debate, no que respostouse as preguntas e dúbidas, salientando de que a iniciativa é popular, non sometida aos poderes políticos, pero de iniciativa social, en onde toda a cidadanía , sen exclusión, poida exercer o seu dereito a educación en galego. Os participantes amosaron o seu apoio a este proxecto e a arela de que se poña en marcha o antes posíbel a camiñar a rede de novas galescolas.

Ver a nova en Galicia Hoxe

Ver a nova no Xornal de Galicia

A portada do Xornal de Galicia

--------------------

Reunión coa presidencia da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) , 24 de agosto


O pasado día 24 de agosto tivo lugar unha xuntanza da Comisión coa Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL), representada polo seu presidente Nel.

Nela abórdose a cuestión da necesidade de que a infancia teña ensino en galego, para manter o seu idioma e crear un espazo de educación en valores pluralista e en galego para toda a cidadanía.

Así a CTNL amosou o seu apoio a iniciativa da Comisión Promotora Galiza co Galego e a disposición a colaborar na posta en marcha de Galiza co Galego e na rede popular de ensino infantil (Novas Galescolas).

----------------------------------------------------------

Xunta coa Mesa pola Normalización Lingüística, 4 de agosto

O pasado mércores 4 de agosto houbo unha xuntanza da Comisión da Promotora de Galiza co galego, coa participación da presidencia e a Mesa pola Normalización Lingüística na que participaron do seu presidente Carlos Callón e Susana, membro da executiva.

Por parte da Comisión, explicouse o traballo realizado dende o comezo da idea da creación da rede popular de ensino laico en galego , informouse dos apoios que está a ter esta idea, que superan os 1825, e que están a concretarse na Comisión Promotora de “Galiza co Galego”

Subliñouse de que o proxecto de organización da rede popular é aberto a todas as organizacións, e nel xa teñen comprometida a súa participación organizacións pedagóxicas, sindicatos e cooperativas, e convidar expresamente a Mesa a participar na constitución, polo mes de setembro, da comisión organizadora de “Galiza co Galego”, organización que será a encargada de por en marcha o proxecto de rede de ensino popular.


A directiva da Mesa destacou a importancia da participación das entidades pedagóxicas, e dos profesionais do ensino.


A Comisión explicou que o seu traballo está orientado neste intre en priorizar unha rede de de (novas galescolas) ensino infantil de 0 a 3 anos, para así poder ir facendo efectivo o dereito da infancia a educación.

Pola directiva da Mesa encontrouse acertado este comezo nas escolas infantís e manifestou o seu compromiso a levar diante a proposta para o seu debate a Directiva Nacional do apoio a iniciativa e súa divulgación pública, e o convite a formar parte da comisión organizadora de Galiza co Galego.

Co gallo de poder dar unha maior información, aos socios e a cidadanía a directiva da MNL convidou a Comisión de Galiza co Galego a realizar un artigo explicativo do seu proxecto para publicar na súa revista Longa Linga.


----------------------------------------------------


A unión de cooperativas de Ensino de Galicia, participará en Galiza co Galego.
O pasado 28 a Comisión Galiza co Galego mantivo unha xuntanza na sede de Sinerxia en Pontevedra coa Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, na que participaron pola UCETAG (www.ucetag.org ) a xerencia e directiva e por parte da Comisión a presidencia e secretaría . A reunión desenvolveuse ca explicación do proxecto da creación dunha rede de ensino en galego, comezando a mesma por unhas (novas galescolas) escolas infantís en galego. A UCETAG valorou positivamente as accións das iniciativas da Comisión Galiza co galego, e manifestou o seu apoio, asesoramento e axuda aos novos proxectos cooperativos de ensino. A Comisión de Galiza co galego informou a UCETAG que o proxecto de ensino Galiza co Galego está aberto a todos os colectivos e organizacións que estean dispostos a realizar un ensino en galego, laico e de calidade, así para o mes de setembro está prevista a celebración dunha reunión, a cal xa teñen comprometida a súa participación os movementos pedagóxicos Nova Escola e Asociación Sociopedagóxica, os sindicatos de ensino STEG e CIG.
A Comisión Galiza co galego está a facer invitación expresa a todos aqueles que gosten cooperar neste obxectivo. A Comisión trasladou a importancia e o desexo de que a Unión de Cooperativas de Ensino participe activamente. Pola UCETAG manifestouse o seu acordo e decisión de contribuír na posta en marcha de Galiza co Galego, e comprometeu a asistencia ás xuntanzas de traballo.

-----------------------------------------------------------

N
ovo acto público da Comisión "Galiza co Galego", en Pontevedra.

O 28 de Xullo ás 20:30 horas no centro social de "A Revira"
A petición do centro social de A Revira, realizamos un acto público de explicación do que está a facer a Comisión de Galiza co galego. Logo da exposición levouse un animoso debate no que as achegas dos presentes e os argumentos empregados serviron para clarificar máis o proxecto, reforzando a idea de que como primeira necesidade para crear unha rede de popular de ensino e laico, é a posta en marcha de novas galescolas (escolas infantís). En opinión dunha participante Galiza co galego serviulle para valorar outras posibilidades para seu desenvolvemento. A intervención dunha nai indicou a necesidade da urxencia do proxecto de Galiza co galego. En xeral manifestouse o desexo de que as novas galescolas, poidan dar ensino nos dous ciclos infantís deica os 6 anos.

-----------------------------------------------------------


Acto público informativo en Ferrol.
Cinco de xuño de dous mil dez


O sábado día 5 de xuño houbo no local do Ateneo Ferrolán o acto de público da Comisión, no que explicouse o traballo desenvolvido en máis dun ano e da necesidade de favorecer un espazo para o galego e a educación de 0 a 3 anos. Tendo en conta o intento de eliminar a lingua galega na primeira etapa educativa, realizado polo goberno do Partido Popular en Galicia, xerouse un movemento de defensa real para a creación dunhas “novas galescolas” que garantan a educación en galego na infancia, circunstancia á que responde o proxecto de Galiza co Galego.

Informouse do traballo realizado pola Comisión e os promotores do Movemento Galiza co Galego, e das xuntanzas habidas cos sindicatos CIG e SETG, as asociacións Pedagóxicas ASPG e Nova Escola Galega, que deron como resultado unha mellor comprensión do proxecto.

Na asemblea interviñeron Nais e Pais, personalidades da cultura, sindicais ,e a Mesa pola Normalización Lingüística.

No debate cas Nais e Pais, manifestouse que o proxecto permite que a planificación da educación, en calidade, en galego, e laica se realice ca intervención activa das familias, sendo unha acción aberta onde as experiencias de todas e todos serán postas en común, en rede, para robustecer en valor o proxecto.
Explicáronse as Comisións de traballo existentes (pedagóxica, económica, social, organizativa e comunicativa) , que están abertas para todas e todos os apoios, que en moitos casos non se necesita dun gran esforzo persoal pero si as gañas de compartir os coñecementos e as arelas.
Celebrouse como preciso que os apoios na rede, participen da Comisión Promotora Galiza co Galego, cunha achega de 10 euros, para realizar as campañas divulgativas (asembleas, carteis, trípticos...).

O representante da Mesa destacou a importancia do traballo da Comisión promotora de Galiza co Galego, Subliñou a súa teima en querer facer efectivos os dereitos da infancia, un traballo para o que manifesta o seu apoio persoal e da mesa, que aínda que como toda labor é mellorábel, a de ser a práctica é a análise quen a irá a perfeccionar día a día. Expresou os parabéns á Comisión por querer aproveitar as sinerxias das Asociacións que participan e defenden o ensino e o galego.

O delegado na comarca do Sindicato do Ensino SETG destacou que esta iniciativa social, no ámbito “privado” non é contraria a educación pública senón que favorece e valoriza o uso do galego no ensino a nivel xeral. A iniciativa é unha aposta polo futuro e cantos máis apoios adquira, maior é defensa do ensino en galego, e tamén sairá reforzada a educación pública, e por elo o seu sindicato chamará aos seus afiliadas-os para a participación activa.

A profesora universitaria Laura Tato, deu os parabéns á Comisión e manifestou o seu total apoio, cualificando a iniciativa como moi importante, e que será de gran axuda e motivo de calidade a participación activa das asociacións pedagóxicas galegas, como a ASPG e a Nova Escola.


Ao final do acto recolléronse afiliacións de apoio para a Comisión Promotora GcG.



-----------------------------------------------------------

Reunións de Galiza co Galego, co Movemento Pedagóxico e Sindical en favor do ensino infantil en galego.

Acto público en Ferrol (Ferrolterra) de Galiza co Galego.

Sábado día 5 de Xuño ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán.

(Máis de 1766 compromisos)


O pasado mércores (26- 05) iniciáronse as xuntanzas a primeira foi na sede da ASPG (Asociación Socio Pedagóxica Galega) co seu presidente, Xoán Costa Casas, explicámoslle a nosa teima en defensa e promoción do ensino de calidade laico en galego, compartimos ideas, debatemos sobre as dúbidas de interpretación do termo privado que aparece reflectido nos 9 puntos orixinarios do movemento Galiza co Galego, logo da explicación pola Comisión en canto que a denominación privada resposta a nosa independencia dos poderes e administración pública, e a determinación estatutaria de Galiza co Galego como entidade sen ánimo de lucro, social, cunha concepción pública de servizo á cidadanía, e participada de nais, pais, educadores, .... supuxo a superación das dúbidas e a comprensión do proxecto.

Valoramos a necesidade de que a infancia teña un espazo propio para a educación e uso do galego. Así Xoán trasladará á dirección da ASPG, a idea de atopar o xeito de colaborar e a levar unha acción conxunta de apoio, fundada nos piares do ensino, como é a educación infantil.


A xunta co STEG o mércores (2-06) foi co seu responsable de acción sindical Xosé Cabido e Sonia do secretariado nacional, que valorizaron como moi positivo o traballo realizado por Galiza co Galego e a necesidade de robustecer a colaboración para a defensa de proxectos educativos públicos e laicos. Galiza co Galego coa súa iniciativa popular pretende dar unha alternativa de ensino en galego, tanto as familias galego-falantes como as castelán-falantes, na certeza da importancia das oportunidades e vantaxes que aporta na primeira etapa do ensino infantil. Os dirixentes de STEG, manifestaron a nivel individual o seu apoio e o traslado do acontecido na xuntanza a dirección nacional do seu sindicato para a súa análise.


Na reunión (3-06) co secretario xeral da CIG- Ensino (Anxo Louzao), abordouse a necesidade que ten a infancia de ter lugares para o galego e o seu aprendizaxe, entendendo como moi importante o ensino en galego na etapa inicial deica os tres anos, manifestando o seu apoio persoal e a do sindicato as iniciativas sociais que fagan pulo polo ensino en galego, e que dará conta a dirección de como colaborar no proxecto que Galiza co Galego, que foi explicitado como un ensino laico, pluralista, popular, sen ánimo de lucro, en galego.


A Nova escola Galega, por medio do membro da dirección Xosé Lastra na xuntanza mantida (4-06) expresou o seu apoio persoal, en canto que este proxecto impulsado por Galiza co Galego está dirixido a sociedade, a nivel popular e sen ánimo de lucro e o compromiso da realización do debate na súa organización para ver de participar nas accións dos proxectos educativos que se desenvolvan e que poidan dar o seu apoio a iniciativa social do ensino infantil en Galego.


A comisión impulsora GcG está a traballar para que en setembro se poida constituír unha comisión organizadora de ensino para a posta en marcha da nova rede de ensino infantil, na que participen as organizacións sociais, sindicais e movemento pedagóxico galego.


Galiza co Galego quere garantir, a nivel popular e social, o dereito a educación de calidade e en valores. Para elo os membros do movemento Galiza co Galego (na actualidade mais de 1760) teñen comprometida unha achega económica de 100 ou 200 euros para facer efectivo o ensino en galego, en especial na súa etapa infantil.


Están pendentes de confirmación reunións cos Sindicatos de ensino de UGT e Comisións Obreiras e co A Unión de Cooperativas de Ensino e traballo Asociado de Galicia , a Mesa e as Equipas de Normalización Lingüística, e diversas entidades culturais.


Das xuntanzas mantidas están a informar a todos os membros do movemento Galiza co Galego e socias/os pola web e por medio de actos públicos.

-----------------------------------------------------------

Acto público informativo en Ferrol


Así este sábado (día 5 de Xuño de 2010) ás 7 da tarde en Ferrol no local do Ateneo Ferrolán farase un acto público no que que están todas e todos convidados. En especial fan unha chamada a todas as persoas anotadas de Ares, As Pontes, Cabanas, Cariño, Cedeira, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Valdoviño e comarca de Ferrolterra en xeral.

No acto explicarase o traballo desenvolvido en máis dun ano e entre todas e todos os participantes buscar de robustecer o proxecto dun ensino laico, popular, pluralista, democrático en galego.


Comisión Rectora.


Por un ensino laico, popular, pluralista, democrático en galego.


¡¡Vos agarda !!

Comisión Rectora.


-----------------------------------------------------------



A comisión informa:

Xuntanza coa Asociación Socio Pedagóxica Galega, avanzando en favor do ensino infantil

O pasado mércores 26 tivemos unha xuntanza na sede da ASPG (Asociación Socio Pedagóxica Galega) co seu presidente, Xoán Costa Casas, explicámoslle a nosa teima en defensa e promoción do ensino de calidade laico en galego, compartimos ideas, debatemos sobre as dúbidas de interpretación do termo privado que aparece reflectido nos 9 puntos orixinarios do movemento Galiza co Galego, logo da explicación pola Comisión (Francisco, Nuria e Ribeira) en canto que a denominación privada resposta a nosa independencia dos poderes e administración pública, e a determinación estatutaria de Galiza co Galego como entidade sen ánimo de lucro, social, cunha concepción pública de servizo á cidadanía, e participada de nais, pais, educadores, .... supuxo a superación das dúbidas e a comprensión do proxecto.

Valoramos a necesidade de que a infancia teña un espazo propio para a educación e uso do galego. Así Xoán trasladaría á dirección da ASPG, de atopar o xeito de colaborar e a levar unha acción conxunta de apoio, fundada nos piares do ensino, como é a educación infantil.

As achegas da ASPG ao proxecto de educación infantil de Galiza co Galego (na procura de Novas Galescolas) , dado o seu compromiso, o seu capital humano e súa enorme cualificación técnica, suporá un pulo moi importante para a consecución da arela de facer efectivo o dereito da infancia a educación en galego.

Vindeiras xuntanzas co STEG (sindicato de traballadores de ensino ) e coa CIG- Ensino, Anxo Louzao.