21 may. 2010

Decreto do PP de España contra do idioma galego


A Xunta do PP non quere que se lles fale en galego aos nenos e nenas nas garderías ou escolas infantís. Queren eliminar o galego como lingua da infancia.
O obxectivo para o Partido Popular de España en Galicia, contra do galego era claro: retirar de feito o idioma galego na educación infantil. Os señores impositores do castelán , contrarios ao galego, e a diversidade, saben que eliminando do ensino infantil o galego, este vai á morte segura.
Coa súa persistencia (do PP) de que as familias escollan a lingua da educación infantil, queren utilizar de xeito perverso, os prexuízos lingüísticos, as campañas de desinformación e uniformadoras, para xustificar unha decisión tutelada, disfrazada como libre, das nais e pais en discriminar (apartar, desautorizar) e mesmo de feito prohibir o uso da lingua galega aos educadores no ensino infantil. Os responsables do PP na Xunta non queren que se lles fale en galego aos nenos e nenas nas garderías ou escolas infantís. Queren eliminar o galego como lingua da infancia.

Os dereitos son da cidadanía non dos políticos.

Queren facernos ver que debemos de agardar a que nos concedan os dereitos.
Mais aínda que iso fose certo (que non o é), o dereito á educación en galego e o uso normal da lingua galega, non forman parte das “GRACIAS” a conceder polos gobernantes do Partido Popular de España en Galicia.

As Galescolas, co uso do galego, eran unha peza clave para a defensa da diversidade e dunha maior cultura e capacidade para a infancia en Galicia.

A cidadanía ten a obriga de facer efectivos os dereitos á educación das nenas e nenos galegos en galego, así teremos que restaurar unhas “novas galescolas”.

En Galiza co Galego estamos a facer cada día súmanse máis compromisos “por un ensino laico en galego” e polas “novas galescolas” na páxina web http://limiargalego.blogspot.com/.

Comisión Galiza co Galego.