18 may. 2010

Polo dereito da infacia ao ensino en galego


A Comisión Promotora Galiza co Galego participou nos actos do 17 de maio en Compostela, a fermosa manifestación a prol da lingua e do ensino en galego, coa que, con preto de 100.000 persoas en en dúas quendas, enchiamos o Obradoiro.
Para este día, tiñamos a arela de constituír a comisión organizadora de Galiza co Galego, o cal non foi posíbel por cuestións internas; así e todo, co fin de reactivar o plan de traballo, este mesmo dezasete realizouse unha asemblea.

Adoptouse o acordo de organizar actos informativos e asembleas abertas por toda Galiza, para achegar novos apoios e poder robustecer as comisións de traballo da Comisión. A Comisión GcG manterá contactos coa Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación de Cooperativas de Ensino de Galicia, os sindicatos e as asociacións pedagóxicas.

Vindeiros actos da Comisión Galiza co Galego:

O día 5 de xuño terá lugar un acto informativo e asemblea aberta na comarca de Ferrolterra.

Somos quen e imos facer, ensino en Galego.