17 may. 2010

17 de maio día das letras galegas “O Galego, o noso existir”

A Comisión Promotora de Ensino Galiza co Galego convida os asinantes do seu movemento a participar na manifestación que a prol da lingua galega terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio baixo o lema “O Galego, o noso existir”, convocada polo movemento cidadán “Queremos Galego”.

A Comisión Galiza co Galego entende que esta mobilización cidadá debe robustecer a defensa do ensino en galego e concienciar da necesidade de facer valer os dereitos da cidadanía á educación, con independencia dos gobernantes.

A Comisión Galiza co Galego tamén participará na manifestación para promover a idea da creación dunha rede de ensino en galego e laico, construída en base ás achegas de milleiros de cidadáns para así garantir o dereito á educación da nosa infancia.