9 ene. 2010

Os actos de Ourense adianse ao sábado 23 de xaneiro

Galiza co galego , apraza os actos deste sábado en Ourense para o día 23, por mor da onda de frío e neve
A onda de frío que está a facer en Galiza, que está dando lugar a dificultades para as comunicacións entre as cidades e vilas.
Na noite do sábado prevese que as temperaturas sexan as mínimas é pode que as estradas non reúnan as condicións de seguridade.
O desprazamento deica Ourense dos membros da Comisión Rectora, e da Xestora de Galiza co Galego, e de quen queira participar no acto, vai a ser dificultoso e mesmo pode ser perigoso.
Ante esta situación quedan aprazados os actos ( a conferencia e asemblea) de Ourense para dentro de 15 días , o sábado 23, en onde as previsións meteorolóxicas serán mais favorábeis (entre 12º e 6º) e de seguranza nas estradas sexa adecuada.


A Dirección da Comisión promotora de ensino "Galiza co Galego" (CGG), fará unha conferencia e asemblea pública para presentar e incorporar máis apoios ao proxecto da rede popular de ensino en galego, laica, universal e pluralista.


Na xunta de Ourense a Comisión Rectora da CGG elixirá os cargos de dirección, e estudará a creación de comisións técnicas de traballo, e a súa organización territorial para posibilitar que a rede popular de ensino en galego sexa unha realidade e poida darse ensino en calquera lugar de Galiza.
O movemento "Galiza co Galego" sumou no seu blogue, http://limiargalego.blogspot.com/ , a fin do pasado ano 2010 máis de 1015 compromisos.

Galiza co Galego, vai a levar unha actuación independente do que decida o goberno do Partido Popular da Xunta , e das opinións contrarias a aprendizaxe na lingua galega.
Galiza co Galego, é contraria a imposición da lingua CASTELLANA (Madrileña, ...), que sectores antidemocráticos están a facer en Galiza (Galicia).
Galiza co Galego apoia todas as accións democráticas en defensa da lingua e o ensino en galego, que os movementos sociais están a desenvolver.