31 jul. 2009

A pesares das presións, as Nais e os Pais son favorables ao ensino en galego

Mais do 64% das nais e pais preguntados polo PP, segundo os seus datos, queren que seus fillos aprendan na escola infantil a ler e escribir en galego.
Mais do 72% non ve necesario a modificación do decreto do ensino en Galicia que garante o 50% en galego e castelán.
Mais do 10% quere que se incremente o ensino en galego.
Pese a propaganda, a deformación, a intoxicación, as mentiras, a manipulación, a recollida masiva de enquisas pre elaboradas en contra do galego.

A cidadanía libre de Galiza quere ensino en Galego, sen exclusións doutras linguas como o castelán.
Hai que ter en conta que a enquisa realizada polo PP, non tiña as garantías de pluralidade, nin obxectividade, súa finalidade era o xustificar a derrogación dun decreto de ensino que fai cumprir a normativa de normalización lingüística, que por unanimidade en 2004, o PP aprobou (cando tiña maioría absoluta) en acordo cos socialistas (PSOE) e nacionalistas galegos (BNG).
Era pois unha enquisa trampa para xustificar seus ataques ao galego, e obter unha coartada (a "palangana" de Pilatos) para suprimir o ensino en galego.
O feito de que o Conselleiro de educación, e o Presidente do PP da Xunta de Galicia, deixaran a comparecencia neste tema tan importante a un Director xeral parece indicar que os resultados da súa enquisa trampa non lles foron favorables.
Con independencia do desgusto do Presidente, sobre uns resultados que non son do seu gosto, o non asumir o seu papel de representante da cidadanía para explicar a súa enquisa-trampa, senta como un desprezo ao pobo que representa.
Pódese consultar os datos facilitados pola Xunta de Galicia do PP sobre o dereito dos nenos galegos, a cidadanía a ter ensino na súa lingua , o galego.

Pra consulta datos:
Prema "Dossier de prensa da xunta do PP: Consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia."

Mais información:
Os datos non xustifican cambiar un decreto que defende a lingua ameazada