20 may. 2009

Galiza co Galego, impulsora da rede popular de ensino en galego

O 17 de maio de 2009 en Compostela, logo de participar activamente en defensa do galego , as dúas da tarde nun restaurante, constituíse a xestora que vai a facer posible a organización Galiza co Galego que impulsará a rede popular privada de ensino en galego.

Rede popular, que como o seu nome indica será de toda a xente (do pobo). Privada que significa que non dependerá do que os gobernantes (políticos) e será de todos os asociados (nais, pais, persoal, mestres, alumnos,..)


Na xuntanza de constitución participaron sobre 30 persoas.

Nas intervencións dos asistentes destacouse, a necesidade de que sexa a sociedade, dun xeito popular, quen impulse por si mesma o ensino en galego, creando un espazo sobre de todo para a infancia, as crianzas, no idioma propio que permita a súa supervivencia, seu prestixio e coñecemento.

Acordaron constituír unha organización a “Galiza co Galego” laica, popular, democrática, pluralista e sen ánimo de lucro.

Na miras marcadas pola xestora son as de conseguir o maior número de compromisos pola rede popular de ensino en galego, que nese momento (o 17 de maio) levaba 370 sinaturas, deica alcanzar, e superar o número dos 3000. Tamén están a traballar en aportar ideas no deseño legal da organización, e atopar apoios dos sectores profesionais implicados no ensino a tódolos niveis.


En diversos foros de internet mais de 5000 persoas, apoian a creación dunha rede popular.

Os impulsores do proxecto fan un chamamento de que se faga mais visible o apoio a o ensino en galego, participando na creación da organización Galiza co Galego, apuntándose en:

http://limiargalego.blogspot.com/2009/04/pola-creacion-dunha-rede-popular-galega.html

ou en http://www.limiarlibros.com/novas/poloensinogalego.php.

A apartación económica, non se fará efectiva, deica a constitución formal da organización “Galiza co Galego”, e cando se acaden os 3000 membros. Momento en que se terán os recursos precisos para iniciar de xeito efectivo a rede popular de ensino en galego.